lunes, 24 de octubre de 2016

NOVIDADES DE OUTONO

A VOSA DISPOSICIÓN NA BIBLIOTECA . LECTURAS DE OUTONO.





PREMIO XERAIS DE NOVELA 2016

MANUEL ESTEBAN: A ira dos mansos. Xerais narrativa, 2016

O cadaver dunha nena con sindrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais. A ira dos mansos e unha magnifica novela policial, cun acusado enfoque social, que propon unha viaxe de superacion de moitos prexuizos, cuestionando a normalidade e a perfeccion e obrigando a reflexion.. A ira dos mansos e unha novela negra cunha historia trepidante que trata sobre a inclusion, a dignidade e o respecto.






FINALISTA PREMIO XERAIS DE NOVELA 2016

FRANCISCO COIMBRA. Crónica córnica. Xerais narrativa, 2016

Inexplicabelmente o condado de Cornualle, na illa de Gran Bretaña, esperta unha fria mañá de xoves ou de venres falando unha lingua extinta: o córnico. A partir dese feito, desenvólvese unha trama atractiva, escrita cun estilo poderoso, que supón unha profunda reflexion sobre a identidade e a represion lingüística, ambientada na Gran Bretaña de hoxe. Cronica Córnica é unha novela que sorprende, escrita por unha persoa que non é galega e destila amor polas palabras e as linguas en cada páxina, abordando un tema tan crucial como escasamente tratado na literatura. A novela, de tintura saramaguiana, técese a través dun personaxe colectivo que se encarna en secretarias, profesoras, alcaldes, mariñeiros, carteiras, pallasos, libreiros e xardineiras: toda unha composicion polifónica que adopta as formas do relatorio e da crónica onde, por veces, e mais importante o non dito, o dialogo imaxinario, do que a voz directamente expresada.Unha novela contemporanea, que pode ser lida en moitas claves, que pivota sobre a triade lingua, identidade e sociedade, e foi enunciada non desde o discurso cientifico, senón dende a fabulación murmurada de boca a orella. Un intenso e metaforico berro literario a favor das linguas e contra a marxinacion e as desigualdades económicas, culturais e sociais entre colectivos e pobos.






CHRISTOPHE GALFARD: El universo en tu mano. Un viaje extraordinario a los límites del tiempo y el espacio.Blackie Books, 2016


Non estás so no universo.E non estás so nesta viaxe polo universo.Estás tumbado mirando ao ceo nunha praia cando alguén te colle da man. Guiate na odisea alucinante ata os ocos negros, as galaxias mais lexanas e o inicio mesmo do cosmos.Abandoas o teu cuerpo e te desplazas a velocidades imposibles, te introduces nun núcleo atómico,viaxas no tempo, entras no Sol.Non é que te expliquen o universo. É que o tocas.Non é que por fin entendas o universo,.o tes na túa man.


ARTURO PÉREZ-REVERTE: Falcó. Alfaguara. 2016


O mundo de Falcó era outro, e ali os bandos estaban perfectamente definidos: de unha parte el, e da otura todos os demais. A Europa turbulenta dos anos trinta, coarenta do século xx é o escenario das andanzas de Lorenzo Falcó, ex contrabandista de armas, espia sen escrupulos, axente dos servizos de intelixencia. Durante o outono de 1936, mentras a fronteira entre amigos e inimigos redúcese a unha linea imprecisa e perigosa, Falcó recibe o encargo de infiltrarse nunha dificil misión que podria cambiar o curso da historia de España. Un home e dúas mulleres os irmáns Montero e Eva Rengel serán  os seus compañeiros de aventura e tal vez  as súas victimas, nun tempo  no que a vida  escríbese a golpe de traicións e nada é o que parece.









JUNG  CHANG: Cisnes salvajes. Circe bolsillo.

Unha avoa, unha mai, unha filla. Ao longo desta saga, tan verídica como espeluznante, tres mulleres loitan por sobrevivir
nunha China sometida a guerras, invasións erevolucións. A avoa da autora naeu no 1909, época na que China era aún unha sociedade feudal. Os seus pés permanecieron vendados dende nena, e aos quince anos de idade  convirtíuse en concubina dun dos numerosos señores da guerra





ILDEFONSO FALCONES: Los herederos de la tierra.Grijalbo . 2016

, A historia continúa con esta impresionante recreación da Barcelona medieval, unha espléndida e emocionante novela de lealtade, venganza, amor e sonos por cumplir.Barcelona, 1387.As campás da igresia de Santa María do Mar siguen soando para todos os habitantes do barrio da Ribera, pero un deles escoita  o seu repique con especial atención...




PREMIO JUULES VERNE DE LITERATURA XUVENIL 2016

IRIA MISA: Xa non estou aqui. Xerais.2016

Anxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A sua vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da sua misteriosa desaparicion, coincide con Maria, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de habitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras. Fascinada pola acollida destasnovas amizades, aceptara asumir as arriscadas probas a que os Murnios se autosometen decontino na procura de experiencias vitais extremas que os satisfagan, o que creara momentos de incerteza na feble personalidade de Anxela, afectada pola incomprension da sua familia e polo abandono intensamente doloroso da sua parella.Xa non estou aqui e unha novela que fala de sentimentos universais: da necesidade de pertenza a un grupo, do amor, da soidade e da morte... Unha novela coral onde dende diversos puntos de vista se pon de manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo dos ollos de quen a mira.