VIVE LENDO

VIVE LENDO
José Gómez Posada Curros 1 3 6203 .VIGO Ilustración: Alexandre Rampazo

martes, 30 de noviembre de 2010

30 ANOS SEN LENNON



"Momento a momento, así é que vivimos agora. Apreciamos cada día e tamén lle temos medo. Podería ser o último día. Soa chistoso, pero calqueira día  podería atropellarte un auto ou algo así. Estou empezando a aprecialo." John Lennon.

" Dirás que son un soñador, pero non son o único" Jonh Lennon


" Imaxina a toda a xente vivindo a vida en paz."  John Lennon

Liverpool. 9 outubro 1940- New Jork. 8 decembro 1980

lunes, 29 de noviembre de 2010

QUIJOTE INTERACTIVO

No directorio, na sección Bibliotecas Virtuais, tedes un enlace ao Quijote interactivo. Nesta entrada se premedes no enlace entraredes directamente.


            QUIJOTE INTERACTIVO

miércoles, 24 de noviembre de 2010

ANA Mº MATUTE . PREMIO CERVANTES

Ana Mª Matute foi hoxe galardonada co premio máis importante das letras hispanas O Premio Cervantes.
A escritora, de 85 anos de idade, recibe este premio tras unha longa traxectoria literaria,12 novelas e varias coleccións de contos. " Si me dan el Cervantes daré saltos de alegría, saltos de alegría espirituales. ", dixo fai pouco nuha entrevista no xornal El País. Este premio supón o cumio da súa traxectoria literaria: dos veces premiada co Premio Nacional de literatura infantil, o Nacional das Letras 2007, o Nacional de Literatura y o da Crítica por Los Hijos Muertos; o Nadal en 1959 por Primera Memoria, o Planeta 1954 por Pequeño Teatro y o Ciutat de Barcelona por un relato fantástico en 1966, El verdadero final de la Bella Durmiente.
Se queredes saber máis sobre a súa obra premede no seguinte enlace, e entraredes na páxina web oficial da autora, onde podedes investigar sobre a súa vida, obra e mesmo escoitar algún conto narrado pola escritora.

                           ANA Mª MATUTE                                     .

martes, 23 de noviembre de 2010

DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 DE NOVEMBRO

"A VIOLENCIA É O MEDO AOS  IDEAIS DOS DEMÁIS"
                                             
                                                                                                       /MAHATMA GANDHI)  



    O día 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero .
Dende a biblioteca poñemos a vosa disposición unha selección de obras que tratan esta temática por se alguén quere ler sobre este tema : 

      
                           


           

domingo, 21 de noviembre de 2010

RIÑA DE GATOS

DISPONIBLE XA NA BIBLIOTECA

                                                     
       
             ENTREVISTA A EDUARDO MENDOZA                  


                                           

viernes, 19 de noviembre de 2010

20 novembro Declaración do Dereitos dos nenos e nenas

O 20 de novembro de 1959 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, adoptou unha declaración extendida do documento  orixinal firmado en Ginebra no ano 1924, nó que se recollían os dereitos dos nenos e nenas.
Esta declaración consta de dez dereitos que quedan resumidaos na seguinte presentación.


No seguinte enlace podedes obter máis información e realizar xogos interactivos.

                                 .XOGOS INTERACTIVOS

sábado, 13 de noviembre de 2010

LUIS BERLANGA

Foto EFE
Victima do alzheimer,  e director de cine Luis García Berlanga. moreu na pasada madrugada. Premio Principe de Asturias no ano 1986 e nominado aos Premios Oscar. A súa última aparición en público foi no mes de maio, na inauguración dunha sala que leva o seu nome. Cineasta de extensa filmografía, supo como ninguén, reflexar a España franquista.

FILMOGRAFÍA



El Verdugo
NA BIBLIOTECA PODEDES ATOPAR DÚAS DAS SÚAS XENIAIS PELÍCULAS.



Bienvenido Mr. Marshall

lunes, 8 de noviembre de 2010

Os primeiros comentarios

Hoxe chegáronnos os primeiros comentarios sobre as lecturas que o alumnado da ESO fai na clase de lingua castelá.
Gustaríanos que todos os nosos lectores, alumnado, profesorado e demáis, participedes nesta sección O LECTOR OPINA.

                                                                              

 "Este libro me gustó. Nos enseña a no ser egoistas y a compartir con los demás",
                                 Olalla Araújo Pérez. 1º ESO A


                                                                                                                                 

UNA ESTRELLA
                                                                                                                              
" Es un libro muy interesante y te engancha desde la primera página. Tiene algunas cosas tristes, por eso es tan fantástico"
                                                   Gala Alonso Puente.1ºESO A







UNA ESTRELLA
  
"Es un libro muy chulo, tiene mucha fantasía y te introduce en el texto. Una vez que lo empiezas, no puedes parar. Tiene personajes  que, casi siempre, te identificas con ellos y también muchas aventuras emocionantes."
                                 
 Antón Ferreiro Alonso.1º ESO A

viernes, 5 de noviembre de 2010

OS LECTORES OPINAN

Neste blog podedes expresar todas as vosas opinións sobre os libros que vos mandan ler os profes . Ata estes momentos nas cordas do primeiro andar están colgadas as portadas dos libros de lectura recomendados polos profes de literarura castelá, aos alumnos de 1º da ESO.Nos próximos días colocaremos tamén os de 2º e 3º da ESO.

Unha vez que rematedes o libro pasade pola BIBLIOTECA E SOLICITADE unha tarxeta para poñer a vosa opinión.


TARXETAS

TARXETA CON TOMATE, SE O LIBRO NON CHE GUSTOU
TARXETA CON PULGAR ARRIBA, SE O LIBRO GUSTOUCHE
TARXETA CON UNHA ESTRELA, SE O LIBRO GUSTOUCHE MOITO

O ranking dos libros máis votados farase público no blog .

Nos tendaís do 1º andar e nos da entrada da biblioteca podedes ir seguindo as votacións.

ECOLINGÜISMO

Interesante documento da Coordinadora Galega de  Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

 ECOLINGUISMO

jueves, 4 de noviembre de 2010

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Hoxe a ciencia falou galego no instituto. Diversos foron os actos que se celebraron ao longo da mañá. As primeiras horas os carteis do acto penduraban dende a escaleira, co fin de que ninguén se esquecese que HOXE CELEBRABAMOS O DÏA DA CIENCIA EN GALEGO.

O alumnado de 3º da ESO baixou da aula de tecnoloxía os seus traballos e os expuxeron, para que todos puideran ver as súas creacións,un ascensor, distintos prototipos de coches e outros aparellos animaron a hora do recreo.


Os xogos matemáticos animaron ao alumnado e ao profesorado , que na súa hora de lecer adicaron o seu tempo a intentar resolver diversos e divertidos xogos matemáticos. Pero había premio UNHA FERMOSA E NUTRITIVA MAZÄ.


Os máis maiores, os de bacharelato tiveron tamén o seu monento científico esta mañá. Os de 2º asistiron a unha video- conferencia, mentras cos de 1º tiveron unha conferencia  de Xosé Francisco Fernández Teijeiro sobre o político e científico Bibiano Fernández Osorio-Tafall .

Unha selección de libros científicos en galego estiveron expostos na entrada do instituto.





 O DÍA EN IMAXES