No Ies do Castro celebramos a entrada da primavera e o Día da Poesía cunha quincena adicada a arte poética. Decoramos as escaleiras de acceso e dos andares superiores con versos e poemas nas distintas linguas que se estudan no centro, A selección de poemas ocupou un lugar desstacado na entrada e no primeiro andar.Unha exposición de Mulleres Poetas de todos os tempos decoraron as cordas de primeiro andar
As alumnas e alumnos visitaron tanto a exposición das poetas como a exposición de libros e recitaron diferentes poemas, escollidos entre a selección feita por nós.
O Día da Poesía compartimos lecturas en diferentes espazos do centro
LEMOS POESÍA NA ENTRADA DO CENTRO
VISITAMOS A EXPOSICIÓN DE LIBROS DE POEMAS
ALGÚNS LIBROS DA EXPOSICIÓN DO PRIMEIRO ANDAR
MÁIS LECTURAS

