miércoles, 20 de octubre de 2010

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O próximo 24 de outubro celélebrase o Día das Bibliotecas Escolares-Para celebrar este día dende a biblioteca do centro poñemos a vosa disposición as últimas novidades editoriais que nestes días fóronse adquiriendo para todos vós.
 Dende as Bibliotecas Escolares de Galicia fannos chegar un novo mural de biblioteca, onde o eslogan deste curso BIBLIOTECA ESCOLAR:  UN MUNDO DE OPORTUNIDADES, fai de todas as bibliotecas, incluída a biblioteca do Castro, un pequeno universo cheo de libros, e materias de diversa índole que acerca a cada un de nós, un verdadeiro mundo de coñecemento e oportunidades  de aprender, mentras disfrutamos coa lectura. Que o Día das Bibliotecas Escolares sexa un bó día para que todos/as os amantes da lectura segades disfrutando con ela, e para aqueles/as que todavía non vos sentides identificados cos libros de lectura,neste día fagades,se é o caso, un acercamento a biblioteca, e lle dedes unha OPORTUNIDADE aos libros!!!




TODOS/AS OS QUE NESTE DÍA OS ACERQUEDES A BIBLIOTECA E COLLADESUN LIBRO EN PRÉSTAMO( NON INCLUÍDAS AS LECTURAS OBRIGATORIAS) , SEREDES OBSEQUIADOS CUN MARCAPÁXINAS.








SE QUEREDES TER O CARNÉ DA BIBLIOTECA PODEDES TRAER UNHA FOTO, E O VOS FAREMOS NO MOMENTO




                  NOVIDADES


No hay comentarios: