VIVE LENDO

VIVE LENDO
José Gómez Posada Curros 1 3 6203 .VIGO Ilustración: Alexandre Rampazo

jueves, 4 de noviembre de 2010

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Hoxe a ciencia falou galego no instituto. Diversos foron os actos que se celebraron ao longo da mañá. As primeiras horas os carteis do acto penduraban dende a escaleira, co fin de que ninguén se esquecese que HOXE CELEBRABAMOS O DÏA DA CIENCIA EN GALEGO.

O alumnado de 3º da ESO baixou da aula de tecnoloxía os seus traballos e os expuxeron, para que todos puideran ver as súas creacións,un ascensor, distintos prototipos de coches e outros aparellos animaron a hora do recreo.


Os xogos matemáticos animaron ao alumnado e ao profesorado , que na súa hora de lecer adicaron o seu tempo a intentar resolver diversos e divertidos xogos matemáticos. Pero había premio UNHA FERMOSA E NUTRITIVA MAZÄ.


Os máis maiores, os de bacharelato tiveron tamén o seu monento científico esta mañá. Os de 2º asistiron a unha video- conferencia, mentras cos de 1º tiveron unha conferencia  de Xosé Francisco Fernández Teijeiro sobre o político e científico Bibiano Fernández Osorio-Tafall .

Unha selección de libros científicos en galego estiveron expostos na entrada do instituto.





 O DÍA EN IMAXES


No hay comentarios: