martes, 3 de junio de 2025

Club de Lectura

O xoves 22 de maio xuntámonos en sesión de club de lectura.

Decidiramos cambiar de xénero literario, e quedaramos en ler teatro e poesía.

A poesía escollida foi variada: volvimos ler poemas da escola "Poetízate", de Fran Alonso, "Tacón, punta, tacón", de Anxo Iglesias; limos a Gloria Fuertes e a Baldo Ramos, co seu tenro "Porque te quiero"; "Rimas", de Béquer; "Los lunes, poesía", escolma de Juan Carlos Sierra;  Rosalía de Castro... 

Baixo a sombra do Ombú, cada membro do club que quixo leu un poema que escollera.

Despois, pasamos á obra de teatro escollida: "Atranco no banco", de Manuel Núñez Singala. Concordamos todos que nos resultara divertidísima, mesmo hilarante.

Cada un de nós foi elixindo un personaxe, e fixemos lectura dramatizada, que provocou aínda máis risas.  

Teriamos que falar co autor, porque mesmo nos deu tempo a imaxinar unha segunda parte, con xiros de guión inesperados.

A única mágoa: fíxosenos algo curta a sesión.



No hay comentarios: