viernes, 24 de febrero de 2012

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO



Adiós, ríos; adios, fontes;                         

adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
 amoriñas das silveiras
 que eu lle daba ó meu amor,
 camiñiños antre o millo,
 ¡adios, para sempre adios!
 ¡Adios groria! ¡Adios contento!
 ¡Deixo a casa onde nacín,
 deixo a aldea que conozo
 por un mundo que non vin!
 Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
 deixo, en fin, canto ben quero...
 ¡Quen pudera non deixar!...

viernes, 3 de febrero de 2012

PREMIOS DD.HH


PREMIADOS

Bruno Arias González
Diego Frenández Rodríguez
Lucía Gonzalez Cibeira
Sergio Loureiro Cousiño
Yemile Selmani Muguerza
Clara Rodríguez Toubes de La Cuesta
Cristina Torres Hervés
Pablo Paradela








Os premiados terán a entrega de premios na biblioteca o próximo luns día 6 de febreiro.


Noraboa, e sorte para os vindeiros concursos.