jueves, 13 de junio de 2019

Entrega de premios Concurso de Relato Curto

    
        PROFESORES E XURADO POSAN DESPOIS DA ENTREGA DE PREMIOS E AS LECTURAS DOS RELATOS



                                              1º CICLO 1º PREMIO


                             

 
                     Pesadelo na realidade
Xa era hora de marchar da casa da miña nai e volver á do meu pai. Odiaba ir á súa casa. Collín a miña mochila,despedinme da miña nai e fun cara o meu destino. Ao entrar só atopei a noiva do meu pai sentada no sofá. -Ola Van- díxome. Ela caíame ben. -Ola Diana. Fun deixar as miñas cosas á habitación de invitados.volvín ao salón e sentei a carón de Diana no sofá. Collín o mando da televisión e acendina. -como estás?-pregunteille. Miroume. Eu xa ben sabía como estaba. Tamén a mirei. Nos seus grandes e verdes ollos vin dor e súa pálida pel estaba chea de contusións e mancaduras. Ela non estaba ben,e eu sabíao. Sabíao moi ben. abraceina, e ela tamén me abrazou. Sobresalteime ao escoitar unha porta abríndose. El xa chegara.
                                                 MARÍA AGUIAR GONZÁLEZ  2º ESO A




   1º CICLO  2º PREMIO





              
PARANOIA
Era unha habitación pequena, tanto, que se estiraba os seus brazos podía tocar as dúas paredes; tamén era escura e el non vía nada, o único que sabía é que as paredes estaban recentemente pintadas. Notaba a pintura nas súas mans e que o chan estaba cheo de cousas, cousas flotando, xa que había auga e lle chegaba por debaixo dos xeonllos.
Xa levaba alí un tempo cando de súpeto, unha porta que descoñecía que estivese alí, abriuse. Ao asomarse viu un señor, xa bastante maior, sentado de costas nunha cadeira, diante súa había outro home sostendo unha pistola na fronte do señor. Cando apertou o gatillo escoitou o seu nome en eco: “Finn”, e, desorientado polo disparo, apoiouse na porta notando que a pintura da súa man empezaba a secarse.
O home da pistola achegouse a el pero non logrou verlle a cara xa que estaba mareado e a súa vista estaba nubrada; só viu que o pelo do home era escuro.
A porta abriuse e entrou de novo na habitación de antes caéndose ao chan asolagado; agora xa non estaba escura, había unha pequena luz no teito que deixaba ver algúns dos obxectos flotantes, e todos eran as súas pertenzas: a súa carteira, o libro que lle regalou a súa irmá polo seus aniversario, o cunco de comida do seu gato...e aos poucos ía deixándose cubrir pola auga, sen forzas de tentar manterse en pé. Os seus ollos péchanse e ao abrirse de novo estaba noutro lugar.
Ía no asento de copiloto dun coche bastante vello, éralle familiar pero non sabía de que lle soaba; as rúas lembrábanlle á súa tempada en Francia e era o único coche circulando polo lugar. Ao virarse a ver quen conducía o coche viu á súa psicóloga de hai dous anos.
Sabía o seu nome, quen era, e o pouco que a aguantaba desde que comezou a deixar de tomarse en serio as súas sesións.
Pechou de novo os ollos e estaba no bosque onde o seu pai sufrira o accidente, o accidente que sufriu pola súa culpa por non tomarse as pastillas.
Alí comezou a camiñar e se decatou de que había unha especie de barreira que non podía ver que lle limitaba seguir camiñando. Ao fondo estaba el mesmo, máis pequeno, no doutor, e logo el hai catro anos volvendo ao mesmo hospital.
Comezou a escoitar as voces dos seus doutores, psicólogos e familiares: “Imos probar con outra cousa...”, “Que din os doutores? Poden frearlle?”, “O pobre tampouco foi consciente de iso...”.
Un asubío enxordecedor comezou a soar e tapouse os oídos. A vista comezou a nubrárselle e esta vez xa estaba de novo na realidade.
A doutora abría un dos seus ollos examinándoo e seguía levando a roupa branca de sempre, mirou cara a outro doutor e negou coa cabeza.
Finn tampouco era consciente de que nas últimas horas tiveron que usar a camisa de forza dúas veces.                                      
ANTÍA FERNÁNDEZ PARDO 2º ESO B

1º CICLO 3º PREMIO







            Os aneis máxicos

    Unha nena chamada nadia , vivía na cidade cos seus pais , Marta e Pablo , e o seu irmán Ian , tamén tiñan un can chamado Rudo .
Nadia estaba moi feliz na cidade , tiña moitos amigos e , ían a praia todos os findes de semana ata que , unha noite os seus pais foron dicirlle algo, elels non sabían se pra ela         ía ser unha boa ou mala noticia.
  • Nadia , temos que dicirche algo moi importante, a túa nai mais eu encontramos traballo dun pobo “Pracesa” e esta preto dun monte maravilloso é , nunha semana temos que ir pra alí.
Ela puxose a chorar  porque non quería irse. Como aínda fataba unha semana despediuse de todos os seus compañeiros .
Chegou o día de irse , mais  Nadia non tiña ganas ningunhas. Tardaron tres horas emedia , fixose un camino un pouco longo. O chegar  a casa onde ían vivir gustoulles moito , estaba feita de pedra e madeira .
     Despois duns meses  Nadia xa tiña amigos e , non era tan malo como ela o pensaba
Un día despois das clases foi o monte a dar un paseo co seu can Rudo e  resultou que había moitísimos animais , a ela encantabanlles . Un mozo pasou co seu can e ladrou  , Nadia notou como se alguén falase pero non le deu a mais miníma importancia , pasaron uns paxaros  e volveu escoitar algo pero pasou . O día seguinte volveu dar un paseo pero como xa anoitecera aínda había mais animais ca onte . Escoitou un moucho e volveu escoitar como se alguén falase , Nadia ecercouse a el e entendía todo o que o moucho dicía e o moucho o que ela dicía  , Nadia quedouse sorprendida . Como xa era tarde non e quedou moito rato . O día seguinte non puido ir porque tiña moita tarefa que facer entón quedouse na casa pero , despois duns días si que foi e volveu a topalo. Sentouse e empezou a falar con el , ela non sabía moi ben como reaccionar xa que , se o pensades ben estaba a falar cun moucho pero ela , seguía falando . como Rudo a rabuñou lastimoille todos os dedos e tivo que sacrse todos os aneis que tiña . En canto os quitou non entendía nada do que dicía entón volveu a por todos os aneis un por un , os seus aneis eran preciosos tiña un cun can , outro cunha abella , outro cun moucho e , outro cunha tartaruga . Despois de moitos día por fin  logrou saber o que pasaba e , era que , con cada uns dos animais que tiña nos aneis podía falar con eses animais .
ÁNXELA SALGUEIRO BARGIELA 1º ESO D

  1º CICLO 3º PREMIO
 

  Un intre inesquecible
Un día de verán , na aldea , María decidiu ir dar un paseo coa súa curmá Claudia e coa cadeliña Tigy . Foron ao río e Claudia e mais María sentáronse enriba dunhas pedras un pouco incómodas, mentres falaban e miraban a Tigy ,que non paraba de xogar coa auga. Tiraban pedras ao río e vían como daban chimpos na auga e se afundían lentamente. Claudia botou un berro que resoou por todos os lados. -Tigy!! Tigy non está! E María non o podía crer , se non lle quitara os ollos de enriba! Levantáronse de golpe e comezaron a buscala. Había unha pequena ponte e María pensou que podería estar aí; pero non estaba. Tamén había unha mesa cun pequeno oco no que Tigy podía caber ; pero non estaba. Xusto nunha esquina había unha pequena cova ,pero alí tampouco estaba. Chegaron a pensar o peor! Que se metese tanto no río, que este a acabase levándo, ou que se adentrase no bosque, que fuxira,... A María saltábanlle as bágoas. E Claudia intentando animala díxolle: -Tranquila seguramente estará na casa esperándonos e... María nin a deixou rematar, cando se decatou de que a porta do hórreo estaba aberta. Foi correndo ata ela e entrou sen pensalo dúas veces . E alí estaba Tigy , tumbada nun recuncho nun sono profundo. Fin
SARA VÁZQUEZ PÁJARO 2º ESO D

   2º CICLO 1º PREMIO





LECTURAS
Cando Margarita medre, tendrá unha nena que, a súa vez, será a nai de Peter Pan; e así    sucederá sempre, sempre, mentras os nenos sean alegres e inocentes e un pouco insensibles.”
  • Fin-  dígolle pechando o libro.
Ante o seu silencio, miroa por enriba dás lentes e vexo que durme. Inclínome sobre a súa cama e a tapo co embozo ben tirante como a ela lle gusta, a bico na meixela absorbendo o seu cheiro, un cheiro moi característico e que por desgraza pronto boitaré de menos. Apago a luz da mesilla e voume. Mañá será outro día, penso, á vez que un leve suspiro escápase de entre os meus beizos.
Vou  ao salón, sírvome un vaso de leite e collo o meu libro. Sen querer evitalo, como tantas veces antes e espero que moitas máis despóis, lembro cando ela me leía.
                                                                                                    LOLA MATAMORO 4º ESO A

2º CICLO 1º PREMIO



SEN PÉS NIN CABEZA
Érase unha vez un home que non tiña nin pés nin cabeza. A cabeza perdeuna un día por amor e non a deu atopado nunca. Os pés fóronselle tras dunha melodía e non soubo máis deles. Era un home que metía a pata en todos os lados ata que un día non puido sacala. Un home que quedou torto cando pagou un ollo da cara por non lembro que, que perdeu a fala cando lle tiraron da lingua (tanto, tanto que lla arrincaron), un home que fixo oídos xordos, e non volveu oír xamais. Era un home que quixo durmir a perna solta, e logo non a atopou por ningures. Un home que quedou calvo de tanto que lle tomaron o pelo e que perdeu o nariz por metelo onde non debía. Un home que deu o brazo a torcer e non llo devolveron, que deixou a pel traballando e esqueceu volver por ela. Un home que se botou a rir e estivo a piques de morrer de risa. Era un home sen pés nin cabeza que morreu cando lle romperon o corazón.
                                                                                IREA OBESO 4º ESO A
                                                       2º CICLO 2º PREMIO



DANZA HÚNGARA no 1
Hai baile na casa. Alexander debería estar durmindo, pero...
Música poderosa... e Alexander abre a porta. Música atraínte... e sae de puntiñas. Música sedutora... e pecha amodiño. Música suave... e camiña paseniño.
Música fascinante, vai polo corredor. Música cativadora, quere seguir os sons. Música feiticeira, faise irresistible. Música marabillosa, é irresistible.
Alexander voa, voa coa cabeza e os brazos... E chimpa! Segue voando, segue buscando eses sons... Detente! Escoitou algo, bota a correr, non pode parar, é feliz! Continúa a carreira, máis suave pero igual de rápida, está eufórico! O corredor fáiselle un mundo, non te rendas Alexander! Está preto, moi preto, pero non pode máis...
Berra, desesperado, sabe que lle queda pouco pero non pode seguir! Pensa rápido, moi rápido, ten que facer algo! Érguete, Alexander, volve correr e voar! E Alexander corre, corre, corre e ohh!
Luces, cores, mulleres e homes que xiran e xiran... Alexander quere bailar! El tamén xira, e xira, e xira... Non te enfades, Alexander, ti tamén bailarás cando sexas grande!
Volve quedar quietiño, mira as parellas, que xiran e xiran. Está embelesado! Eles volven xirar, e xirar, e xirar... Alexander non quere irse, quere ser bailarín!
Soa outra música... pero Alexander xa a coñece. Poderosa e atraínte... pero el xa non escoita. Intenta seducilo... pero el quere durmir. Intenta atrapalo... pero el sobe ó seu cuarto.
É fascinante, pero el volve polo corredor. É cativadora, pero el non escoita os sons. É feiticeira, pero el resiste. É marabillosa, pero Alexander chora.
Trata de voar para volver ó cuarto... Perdeuse! Non pode, vai renderse, non pode máis... Ohh! Viu algo, corre, parece unha porta! Corre, corre, estás moi preto, Alexander! Está a puntiño, case a roza cos dedos!
Alcanza a porta, ábrea, péchaa, mira a cama. Salta! Adeus, Alexander!
ANA MÉNDEZ GESTEIRO 4º ESO A

1º PREMIO BACHARELATO


ROMÁN RAÑA LENDO O RELATO DO 1º PREMIO DE BACHARELATO

                                                   Cando cadra
De súpeto apareceu. Fíxose corpórea, tan consistente e real como o meu propio corpo. Chorei tantas bágoas... pasara séculos imaxinando o reencontro. Estaba eu tan vello que xa case era pedra. O cráneo duro e liso, as mans ríxidas e frías. Pero chegou ela e esvaeceu toda a brétema, deixoume espido coma un rapaciño que vía o mundo por primeira ou segunda vez, que aínda non coñecía maldade ningunha e podía amar sen facerse dano.
É que é meu amor, miña ruliña... que me fai coller lapis e papel, que me desintegra en palabras, que ven visitarme cando cadra, que é capaz de volverme tolo, a min e a uns cantos máis... E seica algúns chámanlle Inspiración.  
                                                 EVA SALVADO FERNÁNDEZ 2º BAC B