lunes, 18 de octubre de 2021

VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA

 Os  aqlumnos  do Bacharelato internacional realizan actividades dentro da bibliteca  ,colaborando na  circulación  de préstamos  . Para ista  reciben previamente  unha formación  de  tres horas para  aprender a  utilización  do programa de  préstamos  . Durante todo o curso axudan nas labores de biblioteca durante os recreos.





FORMACIÓN  VOLUNTARIOS DE  BIBLIOTECA

Neste  curso o voluntariado ampliouse  ao alumnado de ESO  e  axudaron en actividades de  dinamización  da  bibliteca.







miércoles, 13 de octubre de 2021

PRÉSTAMOS BIBLIOTECA

                                                   PROTOCOLO BIBLIOTECA 2021-2022 



1. O horario de préstamos na Biblioteca será de 11:30 a 12:00 

2. PRÉSTAMOS en dúas modalidades: 

A. PRÉSTAMO na BIBLIOTECA na hora do recreo.

 B. PRÉSTAMO polo CORREO ELECTRÓNICO farase da seguinte maneira:


 *A SOLICITUDE dos libros será realizada no seguinte enderezo 

prestamosbibliotecaiesdocastro@gmail.com 

No correo de petición fará constar: 

Asunto: NOME do ALUMNO/A 

 CURSO ( Nivel e Letra)

 NÚMERO de LECTOR 

Corpo da mensaxe: 

TÍTULO do libro e AUTOR 

*A RECOLLIDA dos préstamos farase na biblioteca no día indicado no correo que o lector recibirá no seu enderezo electrónico de contacto 

*A DEVOLUCIÓN dos libros farase deixando os libros a devolver nas caixas habilitadas nas portas de acceso ao centro A e C e na entrada da Biblioteca 

3. A data de devolución será de 15 días desde a recollida do préstamo na biblioteca.

 4. A Biblioteca recupera o seu funcionamento normal mantendo o aforamento e normas que dite a normativa Covid vixente.

martes, 5 de octubre de 2021

CLUB DE LECTURA

 Xa está aberta a inscripción do CLUB DE LECTURA,

Neste curso podedes apuntarvos nos diferentes clubs: narrativa , poesía, inglés  ou manga. 




Formalizade a inscripción  deixando nas caixas do primeiro andar   o voso nome completo o curso e a letra e o club  o clubs aos que os apuntades,



Podedes tamén baixar a biblioteca onde  é posible facer a vosa inscripción .

SE TEDES ALGUNHA DÚBIDA PREGUNTAR POR ALMUDENA OU CARMEN

ANÍMATE E PARTICIPA
 

LIBROS DE BALDE

 A nosa primeira actividade de biblioteca xa está na entrada do instituto. Nestes días  estará a disposición de toda a comunidade educativa unha selección de libros  procedentes de doazóns que  podedes levar para as vosas casas de xeito gratuito.Disfrutade coa lectura!!!!!!!!!




e recordade xa podedes utilizar a biblioteca na hora do recreo  e na  tarde do martes  para seleccionar e recoller os vosos préstamos. Se preferides reservar os libros segue activo o correo de petición de préstamos 

                                prestamosbibliotecaiesdocastro@gmail.com