martes, 27 de noviembre de 2018

CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA


Durante toda a semana no centro estivemos a celebrar actividades Contra a Violencia Machista. Dende o luns 21 ata o luns 26 na hora do recreo a selección musicais , as curtas sobre cómo prevenir actitudes machistas, os poemas e os relatos curtos estiveron presentes e contaron coa participación dos alumnos e alumnas.


Mesa na entrada do centro con folletos informativos,  pulseras , pegatinas relatos e poemas.


  A selección de lecturas foi exposta nunha mesa na entrada xunto con unha guía de recomendacións e marcapáxinas feitos para a data
Decoración de portas das aulas con camisetas e mensaxes contra a violencia












RELATOS E POEMAS 

CONTRA 


A

 VIOLENCIA MACHISTA

             INSUBMISIÓN 

              POURFEMME

      CHUS PATO, Nínive



 Fortuna

Por años, disfrutar del error


y de su enmienda,

haber podido hablar, caminar libre,
no existir mutilada,
no entrar o sí en iglesias,
leer, oír la música querida,
ser en la noche un ser como en el día.
No ser casada en un negocio,
medida en cabras,
sufrir gobierno de parientes
o legal lapidación.
No desfilar ya nunca
y no admitir palabras
que pongan en la sangre
limaduras de hierro.
Descubrir por ti misma
otro ser no previsto
en el puente de la mirada.
Ser humano y mujer, ni más ni menos.



Ida Vitale





Penélope

Declara o oráculo:
“Que á banda do solpor é mar de mortos,
Incerta, última luz, non terás medo.

Que ramos de loureiro erguen rapazas.
Que cor malva se decide o acio.

Que acades desas patrias a vindima.
Que amaine o vento, beberás o viño.

Que sereas sen voz a vela embaten.
Que un sumario de xerfa polos cons.”                       

Así falou Penélope:

“Existe a maxia e pode ser de todos.
A que tanto nobelo e tanta historia?

Eu tamén navegar.”
                                        XOHANA TORRES, Tempo de ría





                    TAMÉN CANTAMOS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA




                        PAPELERA LIXO NON RECICLABLE: NON MACHISMOS


BOTAMOS NO LIXO TODAS AS VERBAS, EXPRESIÓNS  E ACTITUDES MACHISTAS.



                  E POR ÚLTIMO A PROFE MARÍA FIXO A SÚA EXCELENTE APORTACIÓN