martes, 24 de noviembre de 2020

DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA 25 DE NOVEMBRO

 Como todos os 25 de novembro temos unha selección de lecturas na entrada do centro asequible para todas e todos. Se queredes algún título en préstamo solicitádeo na biblioteca a través do correo electrónico dos préstamos.


 As alumnas e alumnos do centro participaron nun concurso de eslogans  contra a violencia machista dirixidos por o Equipo de Igualdade do IES do Castro

      
            Os diferentes grupos fixeron actividades diferentes 





Lecturas Violetas


Algúns agasallos para as alumnas e os alumnos 










       As alumnas e alumnos de 3º ESO B visitando a exposición dos libros "violeta" e visitando tamén as exposicións de carteis do Día contra a violencia machista feitos polos distintos grupos.

Os alumnos de 3º ESO B participaron nun concurso de eslogans convocado polo Concello de Vigo e o seu eslogan foi seleccionado e forma parte dunha serie de carteis distribuidos polas rúas de Vigo


ESLOGAN SELECCIONADO









jueves, 19 de noviembre de 2020

SEMANA DA CIENCIA

Dentro do mes da ciencia nesta semana na entrada do centro tedes unha selección de lecturas científicas. Se queredes algún dos libros da exposición  podedes solicitalos a través do correo electrónico.

                                      prestamosbibliotecaiesdocastro@gmail.com








miércoles, 11 de noviembre de 2020

HORA DE LER

 O luns 16 de novembro imos comenzar coa Hora de Ler, Esta actividade está destinada as alumnas e alumnos de 1º e 2º ESO. Enmárcase dentro do Plan Anual da Biblioteca,e o fin primordial é o fomento e animación á lectura do noso alumnado.



Debido aos novos aforamientos das aulas , os armarios  convertíronse nas novas bibliotecas de aula. Se algunha alumna ou alumno non trae  o seu libro, poderá utilizar os libros preparados no armario para a hora de Ler.









CLIC IMAXE

DESCARGAR HORARIOS
                                                        

martes, 10 de noviembre de 2020

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO DE MICRORRELATOS

Hoxe entregáronse os premios do I Concurso de Microrrelatos Xoán Xosé Sande. 



@s alumn@s premiados nas distintas categorias de ESO e Bacharelato foron os seguintes

                                                                              ESO

1º PREMIO
 
ANDREA COSTAS DÍAZ

2º PREMIO

MIGUEL CRUZ

BACHARELATO

1º PREMIO 

NIOBE ALONSO
                           
   2º PREMIO

                                                                          SARA SANZ

                                                                            3º PREMIO

                                                                   MARTINA MIGLIARINI


 
Tres dos alumn@s premiados: Niobe Alonso , primeiro premio  Bacharelato, Andrea Costas , primeiro premio ESO e Miguel Cruz segundo premio ESO


O terceiro premio de Bacharelato  recaeu en Martima Migliarini , pero foi recollido polo seu irmán




                                                       As profesoras e @s alumn@s gañadores


      

jueves, 5 de noviembre de 2020

lunes, 2 de noviembre de 2020

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 No mes de novembro dende as bibliotecas escolares celebramos a Mes da Ciencia.

O próximo 4 de novembro celebrase ademais o Día da Ciencia en Galego. 

Estamos a seleccionar libros de ciencia en galego para que durante este mes podades achegaros a novas lecturas de temática científica tanto divulgativa como de ficción.


        MANIFESTO MES DA CIENCIA EN GALEGO

O feitizo da ciencia

Está en todas partes. Dentro do teu ordenador, no microondas e na neveira da cociña, en todos os medicamentos que tomamos de cando en vez, nos instrumentos de medición que hai nos hospitais, nas lámpadas que dan luz cando marcha o Sol, no motor do coche e do patinete eléctrico... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo. A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón que, por riba de todo, é unha maneira de pensar, unha actitude para chegar ao coñecemento. Consiste en observar a natureza con paciencia e curiosidade, dun xeito rigoroso e meticuloso, co obxectivo de, pouco a pouco, descubrir os mecanismos que se agochan detrás dunha planta que agroma, dun bebé que comeza a camiñar, dun volcán en erupción ou dun medicamento que elimina a dor de cabeza. O traballo da ciencia pode facerse cun lapis e un papel, anotando o paso de aves migratorias, propoñendo unha hipótese brillante para explicar algún fenómeno da natureza, ou desenvolvendo unha solución matemática para calcular a danza aérea dunha bolboreta. E, por suposto, o traballo da ciencia tamén se fai nas instalacións que hai nos centros de investigación e de ensino, desde as máis simples ata as máis especializadas. En Galicia temos a fortuna de poder facer ciencia de calidade nos laboratorios das universidades e doutros centros de ensino. O importante e botarlle ilusión, paciencia e moita imaxinación. Pero ademais de facer ciencia, todos podemos gozar do traballo, das achegas e das vidas das científicas e dos científicos mergullándonos nos libros. Cada libro é unha viaxe interestelar á mente doutras persoas, ás súas aventuras, penas e alegrías. Nas nosas bibliotecas podemos gozar sen límite con relatos abraiantes sobre o funcionamento do cerebro, a vida das abellas ou a construción dun aeroplano. Cada libro é unha xoia capaz de alimentar e de estimular a mente. E ademais podemos gozalos na nosa lingua, en galego, porque a ciencia fala todos os idiomas, pode emocionar todas as mentes. O mes da ciencia en galego nas bibliotecas é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran. Pero, ollo; esta actividade é profundamente aditiva e, sen que un se decate, pode acabar gozando da lectura todos os días do ano. 

Xurxo Mariño Alfonso Dep. Legal: C 1366-2020 Profesor, investigador e divulgador científico O



       CLIC NA IMAXE