martes, 17 de mayo de 2022

17 DE MAIO - LETRAS GALEGAS

 Na  semana das Letras galegas fixemos unha  exposición de libros en entregamos os premios  do Concurso de Relato Curto Xosé Sande e  expuxórense carteis feitos polos  alumnos e alumnas dos distintos niveis educativos.Todas estas  actividades  foron levadas en coordinación polo EDNLG e  a biblioteca.


Entregáronse os premios do Concurso de Carteis e os premios do concurso de relato curto convocado pola biblioteca  eo EDNLG.

RELATOS  GAÑADORES



O Carballo é a árbore máis resiliente, a que máis viviu, todo o mundo sabe iso.
Un corpo de muller xacía á sombra dunha árbore. Ela quedaría alí para sempre, deitada, silandeira, coma un vago recordo daquela fatídica tarde de verán. Aquela tarde na que unha simple negación non bastara, na que os desesperados berros dunha rapaza non serviran de advertencia e na que, coma sempre tiña que ser, cumprírase a vontade do home, dun ou doutro xeito. Pois aquelas noxentas insinuacións desembocaran nunha traxedia polo feito de non saber respectar unha decisión. Porque aquela rapaza non quería nada máis que pasar unha tarde agradable, nada máis. Pero o home pode ser o animal máis desapiadado, pode facer moitísimo mal con tal de conseguir o seu obxectivo. E agora alí estaba ela, calada, aferrándose ao seu espírito, intentando non deixalo marchar, intentando non soltar aquela vida que tanto lle custara labrar. Pero o destino xa lle tiña outorgado un papel. Xa escribira a súa historia. Aquela tarde de verán ela cedería, perdería a batalla. Deixaría o seu corpo, alí, na herba, xunto con recordos cheos de ledicia e momentos de desesperación. E o seu espírito, xa libre, enredaríase entre as pólas daquela árbore que observara a desgraza, acomodaríase no tronco e observaría, dende o seu recuncho, o mundo dende outra perspectiva. A alma daquela rapaza transmitiríalle á árbore a súa forza, valentía e heroísmo, outorgándolle unha personalidade e un nome propio, o cal, a día de hoxe, é coñecido por todos.
Xa hai tempo deste suceso e o espírito da árbore segue a presenciar outros moitos semellantes. Póñolle voz a esta historia en busca de parar o que xa non debería ocorrer, o que nunca debeu comezar.
Un corpo de muller xacía, sen vida, á sombra dun Carballo










  

ENQUISA HORA DE LER ALUMNAS E ALIUMNOS 1º- 2º- ESO

 

lunes, 2 de mayo de 2022

PLAN PROXECTA . DOAZÓN

 A biblioteca participa no Plan Proxecta  na actividade doazón  de órganos. Actividade que pretende concienzar aos rapaces, as  familias   e a toda  a comunidade educativa  na necesidade de ser solidarios neste aspecto . A preparación  nas  clases de titoria  DE 3º   da ESO  e a posterior  charla do Centro de Doazóns  de  Vigo , fai que todos poñamos o noso gran de  area.