A pasada semana estivemos a celebrar no centro a SEMANA DAS LINGUAS CLÁSICAS.
Durante catro días estivemos realizando diferentes actividades para ensinar a importancia do Latín e do Grego e botar un berro revindicarivo " SOS CLÁSICAS" . Unímonos deste xeito a campaña que dentro do territorio nacional e compartida polas distintas asociacións de clásicas , estanse a realizar durante estes últimos meses.
O noso lema "CLÁSICAS SEMPER" que sirva para manter viva a nosa postura ante a situación na que as Linguas Clásicas quedan nesta reforma educativa.
SOS CLÁSICAS
Selección de libros de diferente temática
Curiosidades do Mundo Clásico
As Constelacións e os Signos zodiacais
Liches algún?
Sabías que dun outro xeito están estes autores relacionados co estudio das linguas Clásicas?
Todos eles e moitos más están a túa disposición na biblioteca.
Por que noutros paises o estudo das Linguas Clásicas está mellor considerado e potenciase máΙs que no noso?
Sabías que somo herdeiros deses romanos e gregos no só na lingua senón tamén no noso xeito de actuar?
E que non te quenten a cabeza!!!!!!!!
O Latín e o Grego non son cousa de clérigos nin son linguas mortas.
Non son só esa cousa que din as profes que se chama Filoloxía que tiveron que estudar elas para darnos clase. a As Linguas clásicas son moito máis e abrenche unha gran posibilidade de estudos e ramas profesionais.
SOS CLÁSICAS
CLÁSICAS SEMPER
ΚΛΑΣΙΚΕΣ ΠΑΝΤΑ