O día 27 de maio a escritora e actriz Paula Carballeira visitou o IES do Castro para realizar un taller sobre o medo co alumnado de 1º de ESO, que previamente leu o seu texto dramático Somos os monstros.
O alumnado, orientado polas súas
profesoras Eva García e Cristina Nogueiras realizou unha lectura reflexiva da
obra para, posteriormente, traballar o texto dramático, elaborar os títeres cos
personaxes da obra, facer a representación teatral e a súa gravación coa axuda do profesor Miguel Cameselle. Ademais levaron a cabo
actividades de diverso tipo relacionadas co texto de Carballeira, entre elas
un obradoiro de papiroflexia sobre iconas do medo, impartido pola profesora Sandra Camiña.
A experiencia foi un éxito e puidemos contar coa presenza da autora grazas á axuda do programa de actividades literarias «Encontros literarios» posto en marcha pola Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura do Ministerio de Cultura.