Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro.
O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", non nos pode parecer máis axeitado nestes tempos: os bulos, as informacións falsas, a pseudociencia, medran e espállanse polas redes sen filtro ningún.
Gran parte do alumnado do instituto está a traballar, en diferentes materias, este tema.
Como se sinala no blog de bibliotecas escolares, as bibliotecas combaten a desinformación non só a través dos seus recursos, como as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos, senón tamén a través dun uso adecuado das novas tecnoloxías. E, por encima de todo, as bibliotecas son un dique de contención contra a desinformación grazas ao seu persoal bibliotecario, que traballa como curador de contidos e apoio aos usuarios na procura de información a través de fontes fiables e contrastadas.
O voluntariado de biblioteca da ESO seleccionou parte dos traballos realizados polo alumnado de varias materias para montar esta exposición. Hai moitos traballos máis, que intentaremos ir engadindo.
Aquí, unha pequena escolma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario