En vésperas do Nadal, compartimos con vós a árbore deste final de 2025.
Está feita cunhas postais moi especiais: confeccionadas e escritas por alumnado de ESO, os seus destinatarios son personaxes de historias que lles deixasen pegada, que, dalgunha maneira, lles conmovesen.
Pronto serán enviadas: Greg, Fortunata, Jacinta, Lucanor, Yoichi Isagi, Lupin, Natalia, Moni, Astérix, Richi Tozier... sodes moi afortunados. Mirade os buzóns dos vosos fogares!
Tamén queremos amosarvos o traballo do voluntariado de Biblioteca, que se afanou en recordarnos a estación que chega con ilustracións, nas ventás, do Sereo e de edificios senlleiros da nosa cidade.
Ás familias todas, diversas e marabillosas: desexámosvos feliz descanso e Bo Nadal.




.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario