jueves, 29 de marzo de 2012

PRIMAVERA DE LIBROS

PRIMAVERA DE LIBROS
1

                                                                      
 NOVIDADES MES DE ABRIL
                       
  XUVENIL

   • Paolini, Cristopher. LEGADO. Rocaeditorial, 2012
   • Moccia, Federico. ESTA NOCHE DIME QUE ME QUIERES.
     Planeta 2012.                 
   • Denis, M. A CAZA DO GHAZAFELLO, XERAIS, 2012
   • Jaureguizar. A COROA DE NAPOLEÓN, Xerais,201
   • Riveiro, Breogán. TONECHO DE REBORDECHAO. Xerais,    2010
   • Larsson , Asa. LA SENDA OSCURA. SEIX BARRAL
   • Larsson, Asa. CUANDO PASE TU IRA, Seix Barral,2012

    ADULTOS

   • Lethiellereux, Maud. DESDE DONDE ESTOY VEO LA LUNA.   
     Grijalbo,2012
   • Parra, Nicanor. PARRANDA LARGA. Alfaguara,2012 ( Poesía)
   •Rivas, Manuel. O MÁIS ESTRAÑO.CONTOS REUNIDOS.  
    Xerais,2012
   • Grandes, Almudena. EL LECTRO DE JULIO VERNE. Tusquets, 
   • De Luca, Erri. LOS PECES NO TIENEN LOS OJOS.
     Seix Barral, 2012 
   • Auster, Paul. DIARIO DE INVIERNO. Anagrama,2012.

  CÓMIC

   • Cid Doiro, José.  O DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO DE VIGO 
                                 E A SÚA COMARCA. Deputación  de Pontevedra,2012
                                                   
                                    
                                  DISPOÑIBLES NA BIBLIOTECA  

lunes, 26 de marzo de 2012

DE ÁRBORES E POEMAS




ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMERIO DA ESO CELEBRANDO O DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA. ACTIVIDADE DE AXENDA 21 E BIBLIOTECA

martes, 20 de marzo de 2012

Día da árbore.21 de Marzo

Día mundial das árbores

Cando teñamos unha árbore preto, ou mellor, sobre nós, convén que nos abrolle algo de gratitude.
Mellor sería un vizoso  agradecemento porque ninguén será capaz, nunca, de tan sequera enumerar os agasallos que a arboreda nos fai.
Estásenos esquecendo que respiramos a alma verde das árbores. Cada árbore é unha fonte e un diminuto clima local.
Plantar árbores é ademais cultura porque os bosques publicaron todos os libros. Porque case todas as agras foron agros de arboreda. Porque a palabra agricultura foi a que fundou o termo cultura.
Queda moito treito ata que recoñezamos as arboredas coma un ben común da sociedade. Aínda resultará máis longo o camiño para que os fundadores de bosques sexan aceptados como artistas.
A árbore , en pe, vivaz e, coma sempre, cos seus enormes brazos abertos, semella un fármaco prodixioso. 
O bosque pode sandar  o cambio climático, o avance dos desertos , a erosión, a escaseza de auga e combustible, así como a crecente fealdade da paisaxe.
Se algún día conseguimos un bosque de bosques tamén conseguiremos unha humanidade máis humana.

Adaptación do epílogo  de Joaquín Araujo “Hacia el bosque de bosques “do libro “O home que plantaba árbores”  de Jean Giono

martes, 13 de marzo de 2012

Premio literario escolar Novacaix galicia

Está convocada a nova edición de Premio Literario Escolar Novacaixagalicia , o prazo de admisión remata o 13 de abril do 2012.
Bases do concurso: Pasade pola biblio teca e se os fscilitarán as bases do concurso.Está tamén a vosa disposición un exemplar dso premiados na anterior edición dos premios

miércoles, 7 de marzo de 2012

8 DE MARZO DÍA DA MULLER



                                                     
                                     


 WANGARI MAATHAI





Quen é,  cando, e onde  naceu?

Indica onde está o seu país. Aporta algunha característica xeográfica.

Cales foron os seus estudos?

Que observou ao volver a Kenia despois dos seus estudos?

Que foi o movemento “Cinto Verde”?

Porque lle chamaron “Muller árbore”?

Cal foi o seu seu activismo político concreto? Que lle supuxo?  

Que cargo político tivo?

Que gran premio lle deron no 2004 e porque?

En que traballaba na actualidade coa ONU?



Mira o vídeo Wangari Maathai “Seré colibrí”. Resume a súa idea.








ENTREGA NA BIBLIO O CUESTIONARIO 

                                                   



                                   PARA QUE SIRVA DE REFLEXIÓN.

                                         8 de marzo Día da Muller

O oito de marzo do 1908 vinte e nove mulleres traballadoras da empresa textil Cotton de Nova York declararonse en folga e ocuoaron a fábrica , para revindicar melloras laborais. A empresa chamou a policia que para facelas sair botou bombas incendiarias e as vinte e nove mulleres morreron queimadas dentro do seu posto de traballo,

Pouco despois. no ano 1910 e para conmemorar e rendir un homenaxe a estas mulleres , declarouse o día 8 de marzo como o día Internacional da Muller.