Mostrando entradas con la etiqueta CONMEMORACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONMEMORACIÓNS. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

UN LIBRO NON ACABARÁ COA GUERRA, NIN PODERÁ ALIMENTAR A CEN PERSOAS, PERO PODE ALIMENTAR AS MENTES E, ÁS VECES CAMBIALAS


                                                                                   PAUL AUSTER

     

A celebración do día do libro  remóntase a principios de  século. A historia do libro faise festiva y xurden actividades literarias en toda España. Hoxe, o día 23 de Abril  celebrase en todo o mundo, e día do libro internacional.
A  orixe do día do libro  remontase  a 1930. O  23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron – o morreron – outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla o Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeneral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, y alentar a todos, en particular aos máis xóvenes, a descubrir o pracer da lectura e respetar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social y cultural. 






Que libros son significativos para ti? Que che fixeron ver doutra maneira?

viernes, 25 de noviembre de 2016

25 NOVEMBRO NON MAÍS VIOLENCIA DE XÉNERO





                                       Lava a túa cara, lava a túa alma, empeza de novo

                        BORRA TODO ISO DE TI.................... VIVE



 

ENLACES DE INTERÉS




VÍDEOS








lunes, 26 de marzo de 2012

DE ÁRBORES E POEMAS




ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMERIO DA ESO CELEBRANDO O DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA. ACTIVIDADE DE AXENDA 21 E BIBLIOTECA

miércoles, 7 de marzo de 2012

8 DE MARZO DÍA DA MULLER



                                                     
                                     


 WANGARI MAATHAI





Quen é,  cando, e onde  naceu?

Indica onde está o seu país. Aporta algunha característica xeográfica.

Cales foron os seus estudos?

Que observou ao volver a Kenia despois dos seus estudos?

Que foi o movemento “Cinto Verde”?

Porque lle chamaron “Muller árbore”?

Cal foi o seu seu activismo político concreto? Que lle supuxo?  

Que cargo político tivo?

Que gran premio lle deron no 2004 e porque?

En que traballaba na actualidade coa ONU?



Mira o vídeo Wangari Maathai “Seré colibrí”. Resume a súa idea.








ENTREGA NA BIBLIO O CUESTIONARIO 

                                                   



                                   PARA QUE SIRVA DE REFLEXIÓN.

                                         8 de marzo Día da Muller

O oito de marzo do 1908 vinte e nove mulleres traballadoras da empresa textil Cotton de Nova York declararonse en folga e ocuoaron a fábrica , para revindicar melloras laborais. A empresa chamou a policia que para facelas sair botou bombas incendiarias e as vinte e nove mulleres morreron queimadas dentro do seu posto de traballo,

Pouco despois. no ano 1910 e para conmemorar e rendir un homenaxe a estas mulleres , declarouse o día 8 de marzo como o día Internacional da Muller.

sábado, 19 de marzo de 2011

21 DE MARZO. DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Promovido pola UNESCO neste día celébranse actos multitudinarios e lecturas de poemas múltiples en diversas latitudes do planeta.

A UNESCO lanzou ao mundo o seguinte comunicado para promover esta celebración en todo o mundo

«É evidente que unha acción mundial a favor da poesía daría un recoñecemento e un impulso novo aos movementos poéticos nacionais, regionais, e internacionais. Esta acción debería ter como obxetivo principal soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas sus comunidades respectivas.»
                                                                                                                       UNESCO

Neste día tan sinalado para a poesía, deixovos a miña aportación persoal, cun dos meus poemas favoritos.
               
                   ÍTACA

Cuando emprendas tu viaje hacia Ítaca
debes rogar que el viaje sea largo,

lleno de peripecias, lleno de experiencias.
No has de temer ni a los lestrigones ni a los cíclopes,
ni la cólera del airado Posidón.
Nunca tales monstruos hallarás en tu ruta
si tu pensamiento es elevado, si una exquisita
emoción penetra en tu alma y en tu cuerpo.
Los lestrigones y los cíclopes
y el feroz Posidón no podrán encontrarte
si tú no los llevas ya dentro, en tu alma,
si tu alma no los conjura ante ti.
Debes rogar que el viaje sea largo,
que sean muchos los días de verano;
que te vean arribar con gozo, alegremente,
a puertos que tú antes ignorabas.
Que puedas detenerte en los mercados de Fenicia,
y comprar unas bellas mercancías:
madreperlas, coral, ébano, y ámbar,
y perfumes placenteros de mil clases.
Acude a muchas ciudades del Egipto
para aprender, y aprender de quienes saben.
Conserva siempre en tu alma la idea de Ítaca:
llegar allí, he aquí tu destino.
Mas no hagas con prisas tu camino;
mejor será que dure muchos años,
y que llegues, ya viejo, a la pequeña isla,
rico de cuanto habrás ganado en el camino.
No has de esperar que Ítaca te enriquezca:
Ítaca te ha concedido ya un hermoso viaje.
Sin ellas, jamás habrías partido;
mas no tiene otra cosa que ofrecerte.
Y si la encuentras pobre, Ítaca no te ha engañado.
Y siendo ya tan viejo, con tanta experiencia,
sin duda sabrás ya qué significan las Ítacas.

                                                       (Konstantinos Kavafis)


Se algún de vós quere colaborar durante esta semana coa súa participación, pode achegar a biblioteca unha das súas poesías favoritas e publicarémola neste blog

viernes, 11 de marzo de 2011

8 DE MARZO DÍA DA MULLER



Para conmemorar o Día Internacional da Muller, día 8 de marzo,  os deixo un video-homenaxe  celebra a cuarenta mulleres extraordinarias que fixeron historia y que son un exemplo de vida e motivo de inspiración.



Cada unha destas mulleres loitaron (e algunhas o seguen a facer) por facer unha diferencia nos ámbitos da política, as ciencias, as artes, os dereitos humanos, o deporte, a literatura, a filosofía, a educación, a sociedade… son mulleres que co seu esforzo e adicación abrironnos o camiño ás demáis.

Na semana do 11 ao 18 de marzo no centro vanse a organizar diversas actividades para esta conmemoración, onde se inclúen conferencias, exposicións, cine-debate.

                                            
                         ACTIVIDADES DA MULLER












.

lunes, 17 de enero de 2011

DÍA DA PAZ E A NON-VIOLENCIA

                                                     





.

MÚSICA POLA PAZ

IN THE NAME OF LOVE.U2

        

                                 IMAGINE. JOHN LENON
   

   ABRE LA MURALLA ANA BELÉN Y VICTOR MANUEL
 

  VIENTOS DE CAMBIO-SCORPIONS
 
 NO DUDARÍA. ANTONIO FLORES

miércoles, 8 de diciembre de 2010

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

O día 10 de decembro celébrase o Día dos Dereitos Humanos. Neste día conmemórase a adopción por parte da Asamblea Xeral das Nacións Unidas deste documento, onde se recollen os dereitos humanos básicos , asinado no  ano 1948.
Sirva como dato anecdótico, que según o Libro Guinness  dos Récords, é o documento traducido a máis linguas no mundo.
Se queredes coñecer en profundidade esta Declaración, e saber máis sobre ela, cliqueade no enlace debaixo de logo. 

DECLARACIÓN DEREITOS HUMANOS
                  

Na seguinte presentación recóllense diversos artigos de Declaración , adicade algún tempo. reflexionade sobre as imaxes, e se queredes , podedes escribir o que vos inspiran. Baixade os vosos escritos e serán expostos no mural dos Dereitos Humanos de biblioteca.


 



DEREITOS HUMANOS E MÚSICA






XOGO INTERACTIVO

Traballo realizado polo alumnado 1º ESO A


jueves, 4 de noviembre de 2010

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Hoxe a ciencia falou galego no instituto. Diversos foron os actos que se celebraron ao longo da mañá. As primeiras horas os carteis do acto penduraban dende a escaleira, co fin de que ninguén se esquecese que HOXE CELEBRABAMOS O DÏA DA CIENCIA EN GALEGO.

O alumnado de 3º da ESO baixou da aula de tecnoloxía os seus traballos e os expuxeron, para que todos puideran ver as súas creacións,un ascensor, distintos prototipos de coches e outros aparellos animaron a hora do recreo.


Os xogos matemáticos animaron ao alumnado e ao profesorado , que na súa hora de lecer adicaron o seu tempo a intentar resolver diversos e divertidos xogos matemáticos. Pero había premio UNHA FERMOSA E NUTRITIVA MAZÄ.


Os máis maiores, os de bacharelato tiveron tamén o seu monento científico esta mañá. Os de 2º asistiron a unha video- conferencia, mentras cos de 1º tiveron unha conferencia  de Xosé Francisco Fernández Teijeiro sobre o político e científico Bibiano Fernández Osorio-Tafall .

Unha selección de libros científicos en galego estiveron expostos na entrada do instituto.





 O DÍA EN IMAXES


jueves, 28 de octubre de 2010

SAMAÍN E BIBLIOTECA

Hoxe na biblioteca celebramos o noso particular Samaín. A terceira e carta hora, o alumnado de 1º da ESO A, B, C xunto coas súas profesoras baixaron a biblioteca.A sala estaba ateigada de xente. Despois de escoitar o significado e historia do Samaín, Irene, a nosa vicedirectora, agasallounos cun increible relato, A pantasma do Castro.



COMO CONSTANCIA DESTE MOMENTO DEIXOVOS CON ESTE DOCUMENTO .´


                         

miércoles, 20 de octubre de 2010

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O próximo 24 de outubro celélebrase o Día das Bibliotecas Escolares-Para celebrar este día dende a biblioteca do centro poñemos a vosa disposición as últimas novidades editoriais que nestes días fóronse adquiriendo para todos vós.
 Dende as Bibliotecas Escolares de Galicia fannos chegar un novo mural de biblioteca, onde o eslogan deste curso BIBLIOTECA ESCOLAR:  UN MUNDO DE OPORTUNIDADES, fai de todas as bibliotecas, incluída a biblioteca do Castro, un pequeno universo cheo de libros, e materias de diversa índole que acerca a cada un de nós, un verdadeiro mundo de coñecemento e oportunidades  de aprender, mentras disfrutamos coa lectura. Que o Día das Bibliotecas Escolares sexa un bó día para que todos/as os amantes da lectura segades disfrutando con ela, e para aqueles/as que todavía non vos sentides identificados cos libros de lectura,neste día fagades,se é o caso, un acercamento a biblioteca, e lle dedes unha OPORTUNIDADE aos libros!!!




TODOS/AS OS QUE NESTE DÍA OS ACERQUEDES A BIBLIOTECA E COLLADESUN LIBRO EN PRÉSTAMO( NON INCLUÍDAS AS LECTURAS OBRIGATORIAS) , SEREDES OBSEQUIADOS CUN MARCAPÁXINAS.








SE QUEREDES TER O CARNÉ DA BIBLIOTECA PODEDES TRAER UNHA FOTO, E O VOS FAREMOS NO MOMENTO




                  NOVIDADES