martes, 19 de mayo de 2026

Letras Galegas 2026

 Que a Begoña Caamaño se lle dedique o Día das Letras Galegas, parécenos unha decisión marabillosa que festexamos.

No IES do Castro, Morgana en Esmelle constitúe unha das lecturas que, ano tras ano, escolle gran parte do alumnado de 1º de Bacharelato.

Circe e o pracer do azul é unha das lecturas de verán que o profesorado elixe continuamente. Gústanos esta revisión do mito de Penélope e concordamos con Xoana Torres: eu tamén navegar.

Aínda en proceso, porque o traballo leva tempo, ofrecemos aquí unha mostra da pequena exposición elaborada por alumnado na materia de galego, e as voluntarias de biblioteca da ESO, que sempre están dispostas a botar unha man.  

 






 

Club de Lectura

 A obra de Eva Mejuto, "Memoria do silencio", que limos no Club de Lectura na segunda avaliación, permitiunos coñecer a historia das irmáns Touza: Lola, Amparo e Xulia axudaron a centos de persoas a escapar da persecución nazi. Dábanlles acubillo, comida, e guiábanos a través da fronteira con Portugal. Teceron unha rede de axuda na vila, e gardaron o segredo da axuda que prestaron ata o falecemento de Lola, a maior das irmáns.

O martes 12 de maio tivemos a oportunidade de facer un roteiro literario por Ribadavia, grazas a Alexandra Touza, a través da súa empresa "Ponle cara al turismo". Amparo e Xulia, encarnadas por unhas estupendísimas actrices, guiáronos pola vila e reveláronnos moitos detalles da súa fazaña.

Unha visita moi interesante, que gozamos a pesar da choiva.