jueves, 10 de diciembre de 2020

jueves, 3 de diciembre de 2020

10 DE DECEMBRO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

   "Se non podemos poñer fin ás nosas diferenzas, contribuamos a que o mundo sexa un lugar apto para elas" 

     Anónimo


Para preparar o Día dos Dereitos Humanos propoñemos unha serie de actividades que podedes realizar nas clases o nas titorías.

                                                        ACTIVIDADES

                                       Para nivel ESO(1º e 2º)

                                                                  LECTURA

                                                    EL PAQUETE DE GALLETAS

                                                                    VIDEO

                                                          EL VIAJE DE SAID




    
                     

                
                                                      Para 3º , 4º e Bacharelato

                           A historia dos Dereitos Humanos das Mulleres

                                                          Dúas propostas de Video

                                                                Anxos  de ferro


Drama . Basado en hechos realesAños 1910-1919Feminismo.

A principios do século XX, un grupo de valientes mulleres levaron a cabo unha importante loita en favor do sufraxio universal en Norteamérica. Ano 1910. As activistas Alice Paul e Lucy Burns  comenzan un moveento sufraxista no que usan estratexias pacíficas, diversas tácticas, protestas, loitas e diálogos tendentes a lograr para as mulleres o dereito ao voto; revolucionando o movemento feminista estadounidense.
 


                                                            Sufraxistas
      
                                Drama histórico 1910-1919 .sufraxismo .feminismo
O movemento sufraxista naceu en Inglaterra en vísperas da Primeira Guerra Mundial.A maioría das sufraxistas non procedían das clases altas, senón que eran obreiras que veían impotentes cómo as súas pacíficas protestas non servían para nada. Entón se radicalizaron e, en a súa su incansable loita por conseguir a igualdade, arriesgaronse a perdelo todo: o seu traballo,a súa casa, os  seus fillos e a súa vida. A protagonista é Maud , unha muller que reivindicou denodadamente a dignidade das mulleres.




martes, 24 de noviembre de 2020

DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA 25 DE NOVEMBRO

 Como todos os 25 de novembro temos unha selección de lecturas na entrada do centro asequible para todas e todos. Se queredes algún título en préstamo solicitádeo na biblioteca a través do correo electrónico dos préstamos.


 As alumnas e alumnos do centro participaron nun concurso de eslogans  contra a violencia machista dirixidos por o Equipo de Igualdade do IES do Castro

      
            Os diferentes grupos fixeron actividades diferentes 





Lecturas Violetas


Algúns agasallos para as alumnas e os alumnos 










       As alumnas e alumnos de 3º ESO B visitando a exposición dos libros "violeta" e visitando tamén as exposicións de carteis do Día contra a violencia machista feitos polos distintos grupos.

Os alumnos de 3º ESO B participaron nun concurso de eslogans convocado polo Concello de Vigo e o seu eslogan foi seleccionado e forma parte dunha serie de carteis distribuidos polas rúas de Vigo


ESLOGAN SELECCIONADO









jueves, 19 de noviembre de 2020

SEMANA DA CIENCIA

Dentro do mes da ciencia nesta semana na entrada do centro tedes unha selección de lecturas científicas. Se queredes algún dos libros da exposición  podedes solicitalos a través do correo electrónico.

                                      prestamosbibliotecaiesdocastro@gmail.com








miércoles, 11 de noviembre de 2020

HORA DE LER

 O luns 16 de novembro imos comenzar coa Hora de Ler, Esta actividade está destinada as alumnas e alumnos de 1º e 2º ESO. Enmárcase dentro do Plan Anual da Biblioteca,e o fin primordial é o fomento e animación á lectura do noso alumnado.



Debido aos novos aforamientos das aulas , os armarios  convertíronse nas novas bibliotecas de aula. Se algunha alumna ou alumno non trae  o seu libro, poderá utilizar os libros preparados no armario para a hora de Ler.









CLIC IMAXE

DESCARGAR HORARIOS
                                                        

martes, 10 de noviembre de 2020

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO DE MICRORRELATOS

Hoxe entregáronse os premios do I Concurso de Microrrelatos Xoán Xosé Sande. 



@s alumn@s premiados nas distintas categorias de ESO e Bacharelato foron os seguintes

                                                                              ESO

1º PREMIO
 
ANDREA COSTAS DÍAZ

2º PREMIO

MIGUEL CRUZ

BACHARELATO

1º PREMIO 

NIOBE ALONSO
                           
   2º PREMIO

                                                                          SARA SANZ

                                                                            3º PREMIO

                                                                   MARTINA MIGLIARINI


 
Tres dos alumn@s premiados: Niobe Alonso , primeiro premio  Bacharelato, Andrea Costas , primeiro premio ESO e Miguel Cruz segundo premio ESO


O terceiro premio de Bacharelato  recaeu en Martima Migliarini , pero foi recollido polo seu irmán




                                                       As profesoras e @s alumn@s gañadores


      

jueves, 5 de noviembre de 2020

lunes, 2 de noviembre de 2020

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 No mes de novembro dende as bibliotecas escolares celebramos a Mes da Ciencia.

O próximo 4 de novembro celebrase ademais o Día da Ciencia en Galego. 

Estamos a seleccionar libros de ciencia en galego para que durante este mes podades achegaros a novas lecturas de temática científica tanto divulgativa como de ficción.


        MANIFESTO MES DA CIENCIA EN GALEGO

O feitizo da ciencia

Está en todas partes. Dentro do teu ordenador, no microondas e na neveira da cociña, en todos os medicamentos que tomamos de cando en vez, nos instrumentos de medición que hai nos hospitais, nas lámpadas que dan luz cando marcha o Sol, no motor do coche e do patinete eléctrico... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo. A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón que, por riba de todo, é unha maneira de pensar, unha actitude para chegar ao coñecemento. Consiste en observar a natureza con paciencia e curiosidade, dun xeito rigoroso e meticuloso, co obxectivo de, pouco a pouco, descubrir os mecanismos que se agochan detrás dunha planta que agroma, dun bebé que comeza a camiñar, dun volcán en erupción ou dun medicamento que elimina a dor de cabeza. O traballo da ciencia pode facerse cun lapis e un papel, anotando o paso de aves migratorias, propoñendo unha hipótese brillante para explicar algún fenómeno da natureza, ou desenvolvendo unha solución matemática para calcular a danza aérea dunha bolboreta. E, por suposto, o traballo da ciencia tamén se fai nas instalacións que hai nos centros de investigación e de ensino, desde as máis simples ata as máis especializadas. En Galicia temos a fortuna de poder facer ciencia de calidade nos laboratorios das universidades e doutros centros de ensino. O importante e botarlle ilusión, paciencia e moita imaxinación. Pero ademais de facer ciencia, todos podemos gozar do traballo, das achegas e das vidas das científicas e dos científicos mergullándonos nos libros. Cada libro é unha viaxe interestelar á mente doutras persoas, ás súas aventuras, penas e alegrías. Nas nosas bibliotecas podemos gozar sen límite con relatos abraiantes sobre o funcionamento do cerebro, a vida das abellas ou a construción dun aeroplano. Cada libro é unha xoia capaz de alimentar e de estimular a mente. E ademais podemos gozalos na nosa lingua, en galego, porque a ciencia fala todos os idiomas, pode emocionar todas as mentes. O mes da ciencia en galego nas bibliotecas é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran. Pero, ollo; esta actividade é profundamente aditiva e, sen que un se decate, pode acabar gozando da lectura todos os días do ano. 

Xurxo Mariño Alfonso Dep. Legal: C 1366-2020 Profesor, investigador e divulgador científico O



       CLIC NA IMAXE 


viernes, 30 de octubre de 2020

SAMAÍN.

Ao longo de toda a semana celebramos no centro o Samaín. 
Trala selección de Lecturas para morrer de Medo colocamos a exposición dos libros na entrada do centro e no primeiro andar. 





As actividades consistiron na decoración de portas con motivos terroríficos, e a decoración de máscaras.







O venres todos os cursos de 1º da ESO participaron da historia patrimonio inmaterial do centro Gabriel Escalera.




sábado, 24 de octubre de 2020

A BIBLIOTECA DO IES DO CASTRO SEMPRE AO TEU CARÓN

Hoxe no Día das Bibliotecas como unha biblioteca máis queremos festexar esta data.O verdadeIro sentido da existencia da biblioteca do centro é estar ao carón de toda a comunidade educativa.
A historia da nosa biblioteca é longa  , dende o primeiro día de funcionamento o obxectivo foi estar ao servizo de todos vós 


Neste curso apesares da situación  seguimos traballando con ilusión. Somos un equipo formado por sete profesoras que nos recreos levamos adiante o servizo de préstamos pero o noso labor non só se limita a facer estes, dende o inicio do curso traballamos para estar ao carón da nosa comunidade educativa elaborando:
- Instrucións e protocolo de préstamos
-Altas de novas e novos usuarios de biblioteca.
-Colocación nas aulas do protocolo de préstamos.
-Publicación no blogue, na web e nas redes sociais da biblioteca Facebook e Instagram dos protocolos e intrucións
- Listaxes de números de lectores para poñer nas aulas e que ninguén esqueza o seu número de lector.
- Listaxes de cursos e números de lectores para facilitar  o seu labor as profesoras e profesores que realizan os préstamos nas aulas.
-Atención personalizada de préstamos mediante correo electrónico.
-Caixas- buzóns para facilitar as devolucións nas portas de acceso ao centro e na entrada da biblioteca.
 Todo sempre seguindo o protocolo COVID .
Intentaremos seguir avanzando para facilitar estes servizos e implementar nestes días outros como a 
HORA DE LER , comenzar coas recomendacións de lecturas , CLUB DE LECTURA,  actividades de dinamización e concursos.

                                      
                                        RECOMENDACIÓNS LECTURA DÍA DAS BIBLIOTECAS



                                                      Bo Día das Bibliotecas e boas lecturas .




 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

PREME NA IMAXE (PÓSTER EN GALEGO)

Como todos os anos o día  24 de outubro celébrase o Día das  Bibliotecas. Creada esta data no 1997 en recordo da destrucción da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no 1992 durante o conflicto dos 
Balcanes

 O obxetivo é concienciar á sociedade da importancia de la lectura e  dar  unha homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios/as..

    O lema deste ano é  "Bibliotecas, sempre ao teu carón" para destacar a importancia das bibliotecas como trasmisoras de cultura e  coñecemento en calqueira lugar ou circunstancias.
 Nestes videos podedes ver como en momentos difíciles como o momento do confinamento as bibliotecas estiveron ao teu carón.


Recoñecer o labor das bibliotecas dos hospitais, cecais as grandes descoñecidas,

SEMPRE AO TEU CARÓN



E un recoñecento tamén para as biblioteca e bibliotecarios/as do rural , SEMPRE AO TEU CARÓN
, sin horario a calqueira hora do día. 


jueves, 22 de octubre de 2020

PREMIADOS NO CONCURSO DE MICRORRELATOS

Xa temos por fín a resolución do concurso de microrrelatos que fixemos no confinamento.
Deixamos a relación de premiados Iremos publicando  pouco a pouco no blog os relatos galardonados.


 A ENTREGA DE PREMIOS TERÁ LUGAR O VENRES 6 DE NOVEMBRO 

Renovación de los himnos futbolísticos

 Nuevo himno del Real Madrid y del Celta de Vigo:


lunes, 19 de octubre de 2020

DÍA DE LAS ESCRITORAS


             

 FORTUNA

IDA VITALE

Por años, disfrutar del error
y de su enmienda,
haber podido hablar, caminar libre,
no existir mutilada,
no entrar o sí en iglesias,
leer, oír la música querida,
ser en la noche un ser como en el día.
No ser casada en un negocio,
medida en cabras,
sufrir gobierno de parientes
o legal lapidación.
No desfilar ya nunca
y no admitir palabras
que pongan en la sangre
limaduras de hierro.
Descubrir por ti misma
otro ser no previsto
en el puente de la mirada.
Ser humano y mujer, ni más ni menos.

                                                    

                                                                                                               IDA VITALE

 

                                Vivo sin vivir en mí

Vivo sin vivir en mí,
y de tal manera espero,
que muero porque no muero.

Vivo ya fuera de mí
después que muero de amor;
porque vivo en el Señor,
que me quiso para sí;
cuando el corazón le di
puse en él este letrero:
que muero porque no muero.

Esta divina prisión
del amor con que yo vivo
ha hecho a Dios mi cautivo,
y libre mi corazón;
y causa en mí tal pasión
ver a Dios mi prisionero,
que muero porque no muero.

¡Ay, qué larga es esta vida!
¡Qué duros estos destierros,
esta cárcel, estos hierros
en que el alma está metida!
Sólo esperar la salida
me causa dolor tan fiero,
que muero porque no muero.

¡Ay, qué vida tan amarga
do no se goza el Señor!
Porque si es dulce el amor,
no lo es la esperanza larga.
Quíteme Dios esta carga,
más pesada que el acero,
que muero porque no muero.

Sólo con la confianza
vivo de que he de morir,
porque muriendo, el vivir
me asegura mi esperanza.
Muerte do el vivir se alcanza,
no te tardes, que te espero,
que muero porque no muero.

Mira que el amor es fuerte,
vida, no me seas molesta;
mira que sólo te resta,
para ganarte, perderte.
Venga ya la dulce muerte,
el morir venga ligero,
que muero porque no muero.

Aquella vida de arriba
es la vida verdadera;
hasta que esta vida muera,
no se goza estando viva.
Muerte, no me seas esquiva;
viva muriendo primero,
que muero porque no muero.

Vida, ¿qué puedo yo darle
a mi Dios, que vive en mí,
si no es el perderte a ti
para mejor a Él gozarle?
Quiero muriendo alcanzarle,
pues tanto a mi Amado quiero,
que muero porque no muero.



                                                                      TERESA  DE JESÚS

Hoy me estoy abandonando de ti amor, de Xela Arias

Hoy me estoy abandonando de ti amor
estoy fuera en las higueras cargadas y las aguas de las nubes
pero no fui yo quien eligió partir
una nave extraña que me robó tu mano
me succionó la decisión

¡cómo parten mi amor las ramas en el río bajaban
escaleras de preguntas
como tu boca y mi boca se abrasan
atontando esta distancia que buscamos
aún no aún no podemos —arder
como frágil leña en los incendios
de las selvas las casas del mar como somos
dos caballos cuatro peces y un larguísimo aliso
tejiendo dibujos por el viento movido
esas hojas
el jugo de estas venas
es sangre de animal asesinado!

¡cómo parten mi amor los pájaros hacia el más allá!
tal vez golondrinas en los tejados posen hoy
la palabra que no digo pero cómo clavaron
los veleros arrastrados huyendo de la tormenta
cómo clavaron nuestros movimientos
secos —de un golpe— contra las paredes!
¿deserción móvil? mi amor porque te amo



 

sábado, 17 de octubre de 2020

PRÉSTAMOS BIBLIOTECA.COMO BUSCAR NO CATÁLOGO MEIGA DA BIBLIOTECA

 Nestas pasadas semanas xa comenzamos cos préstamos na biblioteca. Como xa sabedes o horario dos préstamos está limitado á media hora do tempo de lecer. Para facilitar os préstamos estableceuse un protocolo dos mesmos .En todas as aulas do centro no taboleiro, tedes ben explicado cal é o noso sistema de préstamos para este curso. Do mesmo xeito e para que sexa máis doado, tedes tamén os vosos números de lectores. Os novos xa foron dados de alta no sistema de préstamos e os que xa levades tempo no centro tedes o mesmo número de lector que xa teñíades. 

Para que sexa máis doado, lede ben o novo protocolo  que podedes descargar dende aquí o dende a WEB do centro. Podedes descargar tamén unha explicación de como atopar os libros e materiais que desexedes . O enlace ao catálogo MEIGA da biblio do centro o encontraredes no blog da biblioteca

CLIC NA IMAXE

                                                                     CLIC NA IMAXE 


 Para facilitaros o acceso ás lecturas no blogue tedes tamén o enlace a GALICIALE   a plataforma de préstamos de libros electrónicos a que podedes acceder tendo un carné vixente dunha biblioteca pública de galicia.



                                                                    CLIC NA IMAXE