A historia da nosa biblioteca é longa , dende o primeiro día de funcionamento o obxectivo foi estar ao servizo de todos vós
Neste curso apesares da situación seguimos traballando con ilusión. Somos un equipo formado por sete profesoras que nos recreos levamos adiante o servizo de préstamos pero o noso labor non só se limita a facer estes, dende o inicio do curso traballamos para estar ao carón da nosa comunidade educativa elaborando:
- Instrucións e protocolo de préstamos
-Altas de novas e novos usuarios de biblioteca.
-Colocación nas aulas do protocolo de préstamos.
-Publicación no blogue, na web e nas redes sociais da biblioteca Facebook e Instagram dos protocolos e intrucións
- Listaxes de números de lectores para poñer nas aulas e que ninguén esqueza o seu número de lector.
- Listaxes de cursos e números de lectores para facilitar o seu labor as profesoras e profesores que realizan os préstamos nas aulas.
-Atención personalizada de préstamos mediante correo electrónico.
-Caixas- buzóns para facilitar as devolucións nas portas de acceso ao centro e na entrada da biblioteca.
Todo sempre seguindo o protocolo COVID .
Intentaremos seguir avanzando para facilitar estes servizos e implementar nestes días outros como a
HORA DE LER , comenzar coas recomendacións de lecturas , CLUB DE LECTURA, actividades de dinamización e concursos.
Bo Día das Bibliotecas e boas lecturas .
No hay comentarios:
Publicar un comentario