viernes, 17 de diciembre de 2010

BO NADAL , BOAS LECTURAS.

BIBLIOTECA IES DO CASTRO
Dende a biblioteca do insti queremos felicitar a todos os usuarios, profesores e alumnos, estas festas. Recordarvos que todos os que queirades levar libros ou outro material da biblioteca para este tempo de lecer, podedes pasaros pola biblioteca e facer as vosas encargas.



 

jueves, 16 de diciembre de 2010

Reseña de cine


Reseña de cine.
Título de la película: 18 comidas
Se puede ver en Multicines Norte. Días: viernes sábado y domingo.
Sesiones: 17:45, 20:30, 23:00

Recomendada para los alumnos de 2º de Bachillerato y profesores. Está relacionada con la obra de Camilo José Cela La colmena por su estructura espacio temporal, por su visión caleidoscópica y fuertemente realista del micromundo que presenta y por su fragmentarismo. Es un complemento muy útil para entender muchos conceptos de técnica narrativa, de estética y del papel que juega en nuestro mundo la obra de arte.
La película está ambientada en Santiago de Compostela y, como su nombre indica, presenta un mosaico de historias alrededor de la comida (desayuno, comida y cena) en un mismo día. Estas historias retratan con magistral objetivismo una ciudad y unos momentos de la vida cotidiana de unos personajes en los que nos veremos retratados de una u otra manera.
La excelente dirección se ve reflejada en unas actuaciones más que sobresalientes de los actores. Estos, actores muy conocidos, nos presentan a la vez facetas artísticas y humanas novedosas e interesantes.
Es también digno de reseñar el que la película utiliza tanto la lengua gallega como la española (con algún fragmento en inglés y en macedonio subtitulados) lo que la dota, con ayuda de otras técnicas narrativas, de un extremado grado de verosimilitud.
La relación con La colmena de Cela, referida en el primer párrafo, se refuerza con el carácter social y realista de la película. Salimos del cine con la sensación de haber visto unos pequeños fragmentos de realidad, que la representan de un modo eficaz.
Si toda obra de arte se mueve entre la metonimia y la metáfora, esta se inclina más hacia la representación del todo por medio de unos pocos fragmentos centrados en las horas de comer.
Merece la pena verla.

Ficha técnica:
Título orixinal: 18 comidas
Nacionalidad: Esp / Arg
Año de produción: 2010
Xénero: drama.
Duración: 107
Dirección: Jorge Coira
Producción: Fernanda del Nido, Luis Tosar, Farruco Castroman, Hugo Castro Fau
Guión: Jorge Coira, Araceli Gonda, Diego Ameixeiras
Fotografía: Brand Ferro
Música: Piti Sanz e Iván Laxe
Reparto: Antonio Mourelos, Camila Bossa, Cristina Brondo, Esperanza Pedreño, Luis Tosar, María Vázquez, Sergio Peris-Mencheta, Mario Zorrilla, Víctor Fábregas, Fede Pérez, Jorge Cabezas, Juan Carlos Vellido, María Bouzas, Milan Tocinovsky, Víctor Clavijo, Gael Nodar Fernández.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

CANCIÓN DE NADAL

Aquí vai un clásico destas datas , un conto de Nadal para tod@s lector@s Canción de Navidad de Charles Dickens. Para ler o coNto online premede no enlace.

                         CANCIÓN DE NAVIDAD

domingo, 12 de diciembre de 2010

GUÍA NADAL




                                                              
El cementerio de Praga
Umberto Eco

Novidade editorial
                                         

miércoles, 8 de diciembre de 2010

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

O día 10 de decembro celébrase o Día dos Dereitos Humanos. Neste día conmemórase a adopción por parte da Asamblea Xeral das Nacións Unidas deste documento, onde se recollen os dereitos humanos básicos , asinado no  ano 1948.
Sirva como dato anecdótico, que según o Libro Guinness  dos Récords, é o documento traducido a máis linguas no mundo.
Se queredes coñecer en profundidade esta Declaración, e saber máis sobre ela, cliqueade no enlace debaixo de logo. 

DECLARACIÓN DEREITOS HUMANOS
                  

Na seguinte presentación recóllense diversos artigos de Declaración , adicade algún tempo. reflexionade sobre as imaxes, e se queredes , podedes escribir o que vos inspiran. Baixade os vosos escritos e serán expostos no mural dos Dereitos Humanos de biblioteca.


 



DEREITOS HUMANOS E MÚSICA






XOGO INTERACTIVO

Traballo realizado polo alumnado 1º ESO A


martes, 30 de noviembre de 2010

30 ANOS SEN LENNON



"Momento a momento, así é que vivimos agora. Apreciamos cada día e tamén lle temos medo. Podería ser o último día. Soa chistoso, pero calqueira día  podería atropellarte un auto ou algo así. Estou empezando a aprecialo." John Lennon.

" Dirás que son un soñador, pero non son o único" Jonh Lennon


" Imaxina a toda a xente vivindo a vida en paz."  John Lennon

Liverpool. 9 outubro 1940- New Jork. 8 decembro 1980

lunes, 29 de noviembre de 2010

QUIJOTE INTERACTIVO

No directorio, na sección Bibliotecas Virtuais, tedes un enlace ao Quijote interactivo. Nesta entrada se premedes no enlace entraredes directamente.


            QUIJOTE INTERACTIVO

miércoles, 24 de noviembre de 2010

ANA Mº MATUTE . PREMIO CERVANTES

Ana Mª Matute foi hoxe galardonada co premio máis importante das letras hispanas O Premio Cervantes.
A escritora, de 85 anos de idade, recibe este premio tras unha longa traxectoria literaria,12 novelas e varias coleccións de contos. " Si me dan el Cervantes daré saltos de alegría, saltos de alegría espirituales. ", dixo fai pouco nuha entrevista no xornal El País. Este premio supón o cumio da súa traxectoria literaria: dos veces premiada co Premio Nacional de literatura infantil, o Nacional das Letras 2007, o Nacional de Literatura y o da Crítica por Los Hijos Muertos; o Nadal en 1959 por Primera Memoria, o Planeta 1954 por Pequeño Teatro y o Ciutat de Barcelona por un relato fantástico en 1966, El verdadero final de la Bella Durmiente.
Se queredes saber máis sobre a súa obra premede no seguinte enlace, e entraredes na páxina web oficial da autora, onde podedes investigar sobre a súa vida, obra e mesmo escoitar algún conto narrado pola escritora.

                           ANA Mª MATUTE                                     .

martes, 23 de noviembre de 2010

DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 DE NOVEMBRO

"A VIOLENCIA É O MEDO AOS  IDEAIS DOS DEMÁIS"
                                             
                                                                                                       /MAHATMA GANDHI)  



    O día 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero .
Dende a biblioteca poñemos a vosa disposición unha selección de obras que tratan esta temática por se alguén quere ler sobre este tema : 

      
                           


           

domingo, 21 de noviembre de 2010

RIÑA DE GATOS

DISPONIBLE XA NA BIBLIOTECA

                                                     
       
             ENTREVISTA A EDUARDO MENDOZA                  


                                           

viernes, 19 de noviembre de 2010

20 novembro Declaración do Dereitos dos nenos e nenas

O 20 de novembro de 1959 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, adoptou unha declaración extendida do documento  orixinal firmado en Ginebra no ano 1924, nó que se recollían os dereitos dos nenos e nenas.
Esta declaración consta de dez dereitos que quedan resumidaos na seguinte presentación.


No seguinte enlace podedes obter máis información e realizar xogos interactivos.

                                 .XOGOS INTERACTIVOS

sábado, 13 de noviembre de 2010

LUIS BERLANGA

Foto EFE
Victima do alzheimer,  e director de cine Luis García Berlanga. moreu na pasada madrugada. Premio Principe de Asturias no ano 1986 e nominado aos Premios Oscar. A súa última aparición en público foi no mes de maio, na inauguración dunha sala que leva o seu nome. Cineasta de extensa filmografía, supo como ninguén, reflexar a España franquista.

FILMOGRAFÍA



El Verdugo
NA BIBLIOTECA PODEDES ATOPAR DÚAS DAS SÚAS XENIAIS PELÍCULAS.



Bienvenido Mr. Marshall

lunes, 8 de noviembre de 2010

Os primeiros comentarios

Hoxe chegáronnos os primeiros comentarios sobre as lecturas que o alumnado da ESO fai na clase de lingua castelá.
Gustaríanos que todos os nosos lectores, alumnado, profesorado e demáis, participedes nesta sección O LECTOR OPINA.

                                                                              

 "Este libro me gustó. Nos enseña a no ser egoistas y a compartir con los demás",
                                 Olalla Araújo Pérez. 1º ESO A


                                                                                                                                 

UNA ESTRELLA
                                                                                                                              
" Es un libro muy interesante y te engancha desde la primera página. Tiene algunas cosas tristes, por eso es tan fantástico"
                                                   Gala Alonso Puente.1ºESO A







UNA ESTRELLA
  
"Es un libro muy chulo, tiene mucha fantasía y te introduce en el texto. Una vez que lo empiezas, no puedes parar. Tiene personajes  que, casi siempre, te identificas con ellos y también muchas aventuras emocionantes."
                                 
 Antón Ferreiro Alonso.1º ESO A

viernes, 5 de noviembre de 2010

OS LECTORES OPINAN

Neste blog podedes expresar todas as vosas opinións sobre os libros que vos mandan ler os profes . Ata estes momentos nas cordas do primeiro andar están colgadas as portadas dos libros de lectura recomendados polos profes de literarura castelá, aos alumnos de 1º da ESO.Nos próximos días colocaremos tamén os de 2º e 3º da ESO.

Unha vez que rematedes o libro pasade pola BIBLIOTECA E SOLICITADE unha tarxeta para poñer a vosa opinión.


TARXETAS

TARXETA CON TOMATE, SE O LIBRO NON CHE GUSTOU
TARXETA CON PULGAR ARRIBA, SE O LIBRO GUSTOUCHE
TARXETA CON UNHA ESTRELA, SE O LIBRO GUSTOUCHE MOITO

O ranking dos libros máis votados farase público no blog .

Nos tendaís do 1º andar e nos da entrada da biblioteca podedes ir seguindo as votacións.

ECOLINGÜISMO

Interesante documento da Coordinadora Galega de  Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

 ECOLINGUISMO

jueves, 4 de noviembre de 2010

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Hoxe a ciencia falou galego no instituto. Diversos foron os actos que se celebraron ao longo da mañá. As primeiras horas os carteis do acto penduraban dende a escaleira, co fin de que ninguén se esquecese que HOXE CELEBRABAMOS O DÏA DA CIENCIA EN GALEGO.

O alumnado de 3º da ESO baixou da aula de tecnoloxía os seus traballos e os expuxeron, para que todos puideran ver as súas creacións,un ascensor, distintos prototipos de coches e outros aparellos animaron a hora do recreo.


Os xogos matemáticos animaron ao alumnado e ao profesorado , que na súa hora de lecer adicaron o seu tempo a intentar resolver diversos e divertidos xogos matemáticos. Pero había premio UNHA FERMOSA E NUTRITIVA MAZÄ.


Os máis maiores, os de bacharelato tiveron tamén o seu monento científico esta mañá. Os de 2º asistiron a unha video- conferencia, mentras cos de 1º tiveron unha conferencia  de Xosé Francisco Fernández Teijeiro sobre o político e científico Bibiano Fernández Osorio-Tafall .

Unha selección de libros científicos en galego estiveron expostos na entrada do instituto.





 O DÍA EN IMAXES


viernes, 29 de octubre de 2010

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O vindeiro 4 de novembro , celébrase o Día da Ciencias en  galego, adicado este ano a  Ramón María Aller
Ulloa, Alfonso X e James Clerk Maxwell. Diversos actos celebraranse durante este día: conferencia, selección bibliográfica,  e xogos matemático, búsquedas de termos cientiíficos-


PROGRAMA DE ACTIVIDADES

DÍA 4 DE NOVEMBRO

NO RECREO

- XOGO DE TERMOS CIENTÍFICOS EN BUSCA DE DEFINICIÓN.

- EXPOSICIÓN DE LIBROS CIENTÍFICOS EN GALEGO.
- XOGOS MATEMÁTICOS

12'40 : CONFERENCIA DE XOSÉ FRANCISCO PARDO TEIJEIRO, SOBRE O CIENTÍFICO E POLÍTICO GALEGO, BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL ( 1º BAC.,TODOS OS GRUPOS NA SALA DE CONFERENCIAS-

BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL





Imaxe obtida da páxina web AGAPEMA
 
 Esperando a vosa participación en todas estas actividades.

Se queredes saber máis sobre as persoas homeaxeadas:

Ramón María Aller Ulloa






Alfonso X 
                                        

James Clerk Maxwell

jueves, 28 de octubre de 2010

MÚSICA PARA ESTAS DATAS

ESTA É A SELECIÓN MUSICAL QUE DENDE A BIBLIOTECA FACEMOS PARA ESTES DÍAS DE SAMAÍN. ESPEMAMOS QUE VOS GUSTE.



Michael Jackson - Thriller
. .

SAMAÍN E BIBLIOTECA

Hoxe na biblioteca celebramos o noso particular Samaín. A terceira e carta hora, o alumnado de 1º da ESO A, B, C xunto coas súas profesoras baixaron a biblioteca.A sala estaba ateigada de xente. Despois de escoitar o significado e historia do Samaín, Irene, a nosa vicedirectora, agasallounos cun increible relato, A pantasma do Castro.



COMO CONSTANCIA DESTE MOMENTO DEIXOVOS CON ESTE DOCUMENTO .´


                         

martes, 26 de octubre de 2010

LECTURAS PARA O SAMAÍN

 .
NESTE ENLACE TEDES UNHA UNHA ESCOLMA DE LECTURAS DE MEDO QUE PODEN ENTRETER O VOSO TEMPO DE SAMAÍN. NA ENTRADA DA BIBLIOTECA HAI TAMÉN LECTURAS DE RELATOS DE MEDO E SUPENSE, TANTO EN CASTELÁN COMO EN GALEGO DOS QUE PODEDES DISFRUTAR DURANTE ESTA LARGA PONTE.


AS NOVIDADES EDITORIAIS ESTÁN DENTRO DA SALA DE LECTURA

LECTURAS PARA SAMAÍM

domingo, 24 de octubre de 2010

O SAMAÍN

                                  O SAMAÍN
O día 31 de outubro celébrase o SAMAÍN. Noite de bruxas,mortos vidos doutro mundo, sapos e diaños. A noite onde se unen dous mundos, o mundo dos vivos e o mundo dos mortos.

Pero, que é o Samaín ?

Entra nesta aplicación para saber máis









PARA SABER MAÍS

VIEIROS DA ESCOLA

WIKIPEDIA

miércoles, 20 de octubre de 2010

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O próximo 24 de outubro celélebrase o Día das Bibliotecas Escolares-Para celebrar este día dende a biblioteca do centro poñemos a vosa disposición as últimas novidades editoriais que nestes días fóronse adquiriendo para todos vós.
 Dende as Bibliotecas Escolares de Galicia fannos chegar un novo mural de biblioteca, onde o eslogan deste curso BIBLIOTECA ESCOLAR:  UN MUNDO DE OPORTUNIDADES, fai de todas as bibliotecas, incluída a biblioteca do Castro, un pequeno universo cheo de libros, e materias de diversa índole que acerca a cada un de nós, un verdadeiro mundo de coñecemento e oportunidades  de aprender, mentras disfrutamos coa lectura. Que o Día das Bibliotecas Escolares sexa un bó día para que todos/as os amantes da lectura segades disfrutando con ela, e para aqueles/as que todavía non vos sentides identificados cos libros de lectura,neste día fagades,se é o caso, un acercamento a biblioteca, e lle dedes unha OPORTUNIDADE aos libros!!!




TODOS/AS OS QUE NESTE DÍA OS ACERQUEDES A BIBLIOTECA E COLLADESUN LIBRO EN PRÉSTAMO( NON INCLUÍDAS AS LECTURAS OBRIGATORIAS) , SEREDES OBSEQUIADOS CUN MARCAPÁXINAS.








SE QUEREDES TER O CARNÉ DA BIBLIOTECA PODEDES TRAER UNHA FOTO, E O VOS FAREMOS NO MOMENTO




                  NOVIDADES


sábado, 16 de octubre de 2010

PREMIO PLANETA 2010

O escritor Eduardo Mendoza acadou o Premio Planeta, na súa 59 edición., coa novela Riña de gatos.
Ambientada na primaveira do ano 36, narra a chegada dun xoven inglés , especialista en pintura, contratado para tasar un cadro atribuido a Velázquez.
O segundo premio foi otorgado á periodista e escritora Carmen Amoraga, finalista coa novela El tiempo mientras tanto.
PARA SABER MÁIS SOBRE O AUTOR E A SÚA OBRA VISITADE A SÚA WEB :
                                                                                 
EDUARDO MENDOZA WEB OFICIAL

CARMEN AMORAGA.BIOGRAFÍA E OBRA                                                                                       
Na presente edición 509 foron as novelas presentadas, das que a metade eran novelas de escritores españois e a outra metade de autores  latinoaméricanos.

OBRAS QUE PODEDES COLLER NA BIBLIOTECA DO ESCRITOR:

Años de fuga, Sin noticias de Gurb, El misterio de la cripta embrujada , El laberinto de las aceitunas, El año del diluvio, La verdad sobre el caso Savolta, La ciudad de los prodigios, La aventura del tocador de señoras.

Foto: Albir. O Correo Galego

viernes, 8 de octubre de 2010

MARIO VARGAS LLOSA

No día de onte o escritor peruano Mario Vargas Llosa foi galardonado co Premio Nobel de literatura 2010. Peruano de nacemento e nacionalizado español no 1993, o escritor hispano afirmou que era "un premio para todas as letras hispanas".

Se queredes saber máis sobre o premiado :

MARIO VARGAS LLOSA

ENTREVISTA

jueves, 30 de septiembre de 2010

SINALIZACIÓN DA BIBLIOTECA

A biblioteca do centro está dividada por seccións. Os andeis están distribuidos e sinalados mediante rótulos de cores que se corresponden coas distintas materias na que se clasifican os fondos bibliográficos.



ESPERAMOS QUE ESTA INFORMACIÓN FACILITE AS VOSAS BÚSQUEDAS NA BIBLIOTECA

50 Aniversario dos Picapiedra

A serie de animación da productora estadounidense Hanna Barbera, Os Picapedra, cumple no día de hoxe 50 anos . O 30 de setembro de 1960, a cadea estadounidense ABC estrea o primeiro capítulo da serie, que foi trasmitida ininterrumpidamente ata o ano 1966 cun total de 166 capitulos.

Foi unha das series de debuxos animados da televisión máis exitosas.
Para todos/as nenos/as de aqueles tempos e para os nenos/as de agora



                 :FELIZ CUMPREANOS !!!!!

lunes, 27 de septiembre de 2010

RECURSOS ELECTRÓNICOS


Foto: galeria dibujos.net
 Está a disposición de todos os lectores e lectoras do centro, unha serie de recursos electrónicos,  facilitados pola Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, a través do Catálogo MEIGA da biblioteca.

PASOS A SEGUIR PARA ACCEDER AO CATÁLOGO E AOS RECURSOS:

CATÁLOGO MEIGA


Unha vez no catálogo da biblioteca, no directorio da ezquerda, buscamos nos RECURSOS WEB e prememos

RECURSOS ELECTRÓNICOS

Cando se preme no recurso elexido o programa pidenos identificación.

IDENTIFICACIÓN USUARIO

No código de usuario teremos que poñer o NÚMERO DE LECTOR DA BIBLIOTECA


No contrasinal teremos que poñer o noso primeiro apelido.

DE ESTE XEITO PODEDES ACCEDER A RECURSOS ELECTRÓNICO DE BALDE.

martes, 7 de septiembre de 2010

martes, 22 de junio de 2010

Entrega de premios Letras Galegas

O mércores 9 de xuño no salón de actos do centro entregáronse os premios dos distintos concursos das Letras Galegas e os trofeos das distintas competicións deportivas que ao longo do curso celebráronse no instituto.
Moitos foron os alumnos/as premiados.Os premios foron entregados nas distintas categorias de concursos: concurso de caligramas, concurso de video.concurso de coplas dos maios, onde a profesora Concha Otero foi premiada despois dunha reñida competición. Proferorado e alumnado ateigou o salón de actos.A colaboración de distintos departamentos ,CAS, vicedirección ,normalización linguística, educación física e biblioteca, fixo que está entrega de  premios tivera unha ampla asistencia.

Parabéns a todos/as os participantes e ánimo para seguir participando nestas actividades que dinamizan o centro e posibilitan a participación de toda a comunidade educativa.

viernes, 4 de junio de 2010

Entrega de premios concurso caligramas

Premiados no concurso de caligramas das Letras galegas 20010
Estes son os alumnos/as premiados por votación popular no concurso de caligramas.

Nerea Martínez Pérez. 2º ESO A
Irene García Fernández . 1ºESO A
Nicolás Gillermo Gaggiolo.2º ESO A
Daniel Corbal Lorenzo. "2º ESO A.

Os premios entregaranse a próxima semana no salón de actos xunto cos premios do Día das Letras Galegas e os premios das distintas competicións deportivas.

lunes, 24 de mayo de 2010

Concurso de Caligramas

Concurso de Caligramas.
Dende o luns 24 ata o venres 28 de maio estanse a expoñer os caligramas elaborados polo alumnado que participou no concurso convocado para celebrar as Letras Galegas.É o momento de que toda a comunidade educativa poda exercer o seu dereito ao voto e así escoller aos caligrafistas do centro.
            Ánimo e a votar.

jueves, 20 de mayo de 2010

Letras Galegas

    O día 13 de maio celebramos no centro o Día das Letras Galegas      
   Unha selección de libros do poeta homenaxeado, Uxío Novoneyra, e outros títulos en lingua galega foron expostos na entrada do centro. Pero a nosa celebración das letras galegas continúa, nestes momentos están entregados os traballos do concurso de caligramas, agora estarán na biblioteca para que podades votar todos ao voso caligrama preferido


miércoles, 12 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010

UXÍO NOVONEYRA , O POETA DO COUREL


Uxío Novoneyra é o escritor homeaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Dende a biblioteca do centro e con motivo desta data iniciamos este blogue, facendo unha reseña do poeta galego e facilitando unha serie de enlaces de interese, para profundizar na vida e obra do poeta.






LIÑA DO TEMPO DE UXÍO NOVONEYRA




PÁXINA OFICIAL DO POETA