Mostrando entradas con la etiqueta CELEBRACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CELEBRACIÓNS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de noviembre de 2011

SAMAÍN NA BIBLIOTECA



Hoxe nas dúas últimas hora da mañana celebramos o noso Sanaín particular de todos os anos. Alumnos e alumnas de 1º da ESO, profesores e profesoras rememoramos a nosa historia particular da Pantasma do Castro.
Rostro incrédulos, escépticos, e mesmo amedrentados, disfrutaron ou máis ben tremeron coa historia que a nosa vicedirectora Irene contou aos alí presentes.

miércoles, 26 de octubre de 2011

SAMAÍN


   O día 31 de outubro celébrase O Samaín.

   Que é o Samaín?.

A noite do 31 de outubro comenzaba o aninovo celta, marcando o paso do outono ao inverno.

Nesa noite os druidas(casta sacerdotal dos celtas)recollían baias de acivro. As baias tirábanas nuns caldeiros e facían pócimas máxicas e curativas.


O días previos a poboación facía sacrificios de animais, non só como acto relixios, senón para aprovisionarse cara ao inverno que se achegaba.

Esa noite estaba relacionada co mundo dos mortos. Creían que nesa noite abríanse as portas que comunicaban os dous mundos, o dos vivos e o dos mortos. Nesa noite ninguén abandoaba o pobo , había que esperar na casa a visitas dos finados familiares e compartir con eles os alimentos preparados para tal fin ao carón do lume.

Todo o pobo cheábase de fogueiras , co fin de que os mortos pudieran guiarse na escurudade.

Amontoaban tamén, as caveiras dos mortos tanto familiares comp as caveiras dos inimigos e pintábanas.

NA BIBLIOTECA TEDES UNHA INTERESANTE SELECCIÓN DE LIBROS E CÓMICS AXEITADOS AS DATAS.

viernes, 29 de octubre de 2010

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O vindeiro 4 de novembro , celébrase o Día da Ciencias en  galego, adicado este ano a  Ramón María Aller
Ulloa, Alfonso X e James Clerk Maxwell. Diversos actos celebraranse durante este día: conferencia, selección bibliográfica,  e xogos matemático, búsquedas de termos cientiíficos-


PROGRAMA DE ACTIVIDADES

DÍA 4 DE NOVEMBRO

NO RECREO

- XOGO DE TERMOS CIENTÍFICOS EN BUSCA DE DEFINICIÓN.

- EXPOSICIÓN DE LIBROS CIENTÍFICOS EN GALEGO.
- XOGOS MATEMÁTICOS

12'40 : CONFERENCIA DE XOSÉ FRANCISCO PARDO TEIJEIRO, SOBRE O CIENTÍFICO E POLÍTICO GALEGO, BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL ( 1º BAC.,TODOS OS GRUPOS NA SALA DE CONFERENCIAS-

BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL





Imaxe obtida da páxina web AGAPEMA
 
 Esperando a vosa participación en todas estas actividades.

Se queredes saber máis sobre as persoas homeaxeadas:

Ramón María Aller Ulloa






Alfonso X 
                                        

James Clerk Maxwell

domingo, 24 de octubre de 2010

O SAMAÍN

                                  O SAMAÍN
O día 31 de outubro celébrase o SAMAÍN. Noite de bruxas,mortos vidos doutro mundo, sapos e diaños. A noite onde se unen dous mundos, o mundo dos vivos e o mundo dos mortos.

Pero, que é o Samaín ?

Entra nesta aplicación para saber máis









PARA SABER MAÍS

VIEIROS DA ESCOLA

WIKIPEDIA