lunes, 18 de diciembre de 2023

Club de lectura

 

       

O pasado luns 4 de decembro tivo lugar a primeira sesión do club de lectura de adultos do curso 2023-2024 da Biblioteca do IES do Castro. Nesta ocasión o libro seleccionado foi O verán sen homes, a tradución ao galego da autora norteamericana Siri Hustvedt, que nos serviu para establecer un diálogo co seu tradutor Alejandro Tobar Salazar, editor e director da editorial compostelá Hugin e Munin.
Tobar comezou a súa intervención explicando como na tradución desta obra tivo algo que ver o coñecido escritor Agustín Fernández Paz, quen a recomendou cando Hustvedt aínda non contaba co recoñecemento que ten na actualidade. Nun diálogo moi ameno e interesante explicounos, entre moitas outras cousas, como non foi caro mercar os dereitos de autoría da novela, como foi unha obra fácil de traducir e tamén como a autora quedou moi satisfeita coa tradución da obra ao galego.
As asistentes tamén aproveitamos para dialogar co autor sobre o proceso editorial, a boa saúde do sistema literario galego e a sorte de termos entre nós unha editorial como Hugin e Munin, centrada na tradución directa ao galego de obras narrativas de calidade dende dezaoito linguas diferentes.
Deseguido afondamos na obra seleccionada, debullada por Alejandro Tobar extraordinariamente e que nos permitiu dialogar sobre o paso do tempo, a vellez, a sororidade, as relacións de parella, o acoso escolar, a violencia de xénero e o feminismo.
Na obra unha muller madura, Mia, perde o xuízo despois de saber que o seu marido, un reputado neurocientífico, decide facer unha «pausa» no seu matrimonio. A protagonista, logo do seu paso por unha clínica psiquiátrica, refúxiase nun apartamento na súa cidade natal de Bonden (Minessota), preto da residencia de anciás onde vive a súa nai. Ese «verán sen homes» serviralle para recompoñerse da infidelidade e compartir experiencias coas mulleres da súa contorna: as enxeñosas amigas da súa nai, as rapazas asistentes ao obradoiro de poesía que imparte, a veciña e os seus dous cativos, etc. A través delas indaga na súa propia existencia, no seu pasado como muller e tamén como poeta.
Con mestría e dominio da técnica narrativa, Hustvedt constrúe unha obra na cal
conviven a poesía, os debuxos da súa propia autoría, as referencias a textos científicos, ensaio e correos electrónicos sempre con continuas chiscadelas á persoa lectora, facéndolle anticipacións sobre o propio relato.
En xeral, a obra resultou algo dificultosa e moi ensaística para algunhas das asistentes,incluso con certos alardes de intelectualidade neoiorquina por parte da autora, pola contra para outras das asistentes é unha obra maxistral en canto á técnica narrativa que establece un diálogo continuo coa literatura, a música e o cine norteamericano. Houbo unanimidade en recoñecer a Abigail como unhas das personaxes máis entrañables da novela e valoramos positivamente o xeito de describir a loucura transitoria da protagonista, referendada con doses de humor e ironía.



lunes, 30 de octubre de 2023

Samaín


A nosa biblioteca loce arrepiante. As nosas voluntarias encargáronse de que se convertise nun lugar terrorífico e ben que o lograron.

Ademais, tiveron a malévola idea de escoller eses libros, eses, precisamente; todos expostos nada máis entrar.

"Durante o Samaín existía a crenza de que os difuntos visitaban as igrexas e as súas casas para comer cos seus familiares mentres que abandonaban, por unhas horas, a frialdade dos cemiterios. Segundo moitos estudios, desta celebración pagá nacen todas as tradicións asociadas cos mortos. A palabra, que procede do gaélico ‘Samhain’, significa ‘fin do verán’, e dá a benvida ao mes de novembro. Xurdiu hai tres mil anos e foron os irlandeses os que exportaron a celebración a Estados Unidos (EUA) a finais do século XIX. Erroneamente, crese que o Samaín naceu do Halloween americano, pero foi ao revés" Fonte: Gciencia. Enlace completo:

https://www.gciencia.com/retro/samain-festa-galega-ritos-ligados-halloween-pero-nosos-centos-anos/







Non esquezades o concurso de relatos de medo.


Reparade ben nas portas das aulas. 

De seguro que Gabriel Escalera está detrás dalgunha delas.


lunes, 16 de octubre de 2023

 Día das Escritoras

Dende a Biblioteca do IES Do Castro celebramos o #diadasescritoras cunha homenaxe a Paula Carballeira e a Yolanda Castaño.







miércoles, 17 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

 En Vilanova de Lourenzá nace Francisco Fernández del Riego, o 7 de xaneiro de 1913, primeiro fillo dunha extensa familia. O seu pai, Vicente Fernández, fora emigrante en Cuba e a súa nai, malia o que o propio autor afirmaba, non contaba con devanceiros asturianos

Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de «segundo Rexurdimento», durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do que se artellou o traballo conxunto entre os intelectuais do exilio, os que permaneceron no país tras a contenda e as novas xeracións de galeguistas que van xurdindo malia o difícil contexto da ditadura franquista. Entre as súas iniciativas salienta a de crear en 1963 o Día das Letras Galegas, unha data en que conmemorar e celebrar a lingua, a literatura e a cultura de noso. Sesenta anos despois o propio don Paco é a figura homenaxeada nesta efeméride.
Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de «segundo Rexurdimento», durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do que se artellou o traballo conxunto entre os intelectuais do exilio, os que permaneceron no país tras a contenda e as novas xeracións de galeguistas que van xurdindo malia o difícil contexto da ditadura franquista. Entre as súas iniciativas salienta a de crear en 1963 o Día das Letras Galegas, unha data en que conmemorar e celebrar a lingua, a literatura e a cultura de noso. Sesenta anos despois o propio don Paco é a figura homenaxeada nesta efeméride.

















EXPOSICIÓN FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Feita polo Departamento de Lingua Galega

Para aprender sobre a figura  de Don Paco podedes escanear os códigos QR que atoparedes  sobre os distintos  elementos da  exposición así profundizaredes sobre a  figura  de Francisco Fernández del Riego


 
               RECOMENDACIÓNS LITERARIAS  POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA



                                                    TRABALLOS DO ALUMNADO DE 1º  D ESO

domingo, 23 de abril de 2023

DIA DO LIBRO

 

Día do Libro (tamén denominado Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor,] Día Internacional do Libro e Día Mundial do Libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.



As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.

En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra.



Recomendacións literarias dos alumn@s




O 15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día, Día Internacional do Libro e o Dereito de autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural. Esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través del o acceso á cultura do maior número de persoas posible. A primeira celebración do Día Mundial do Libro tivo lugar o 23 de abril de 1995.

A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e do Dereito de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano). Na Inglaterra daquel tempo aínda se utilizaba o calendario xuliano, que tiña unha diferenza de 10 días co calendario gregoriano que se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega,

jueves, 20 de abril de 2023

martes, 21 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA

NA  PRIMAVERA LEMOS POESÍA 










                                     SELECCIÓN DE LECTURAS PRIMAVERA E POESÍA

miércoles, 8 de marzo de 2023

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

 

Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é xornada recoñecida nalgúns países. Tradicionalmente, grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións co fin de mellorar as condicións da muller, festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para, finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.



                                            LECTURAS  SOBRE  MULLERES E FEMINISMO  



HOXE XOGOS  EN FEMININO


                                                             SENTA E LE CON NÓS





                                                 O ABECEDARIO DAS MULLERES



ALGÚNS  TRABALLOS SOBRE MULLERES  DO ALUMNADO