domingo, 23 de abril de 2023

DIA DO LIBRO

 

Día do Libro (tamén denominado Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor,] Día Internacional do Libro e Día Mundial do Libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.



As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.

En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra.



Recomendacións literarias dos alumn@s




O 15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día, Día Internacional do Libro e o Dereito de autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural. Esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través del o acceso á cultura do maior número de persoas posible. A primeira celebración do Día Mundial do Libro tivo lugar o 23 de abril de 1995.

A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e do Dereito de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano). Na Inglaterra daquel tempo aínda se utilizaba o calendario xuliano, que tiña unha diferenza de 10 días co calendario gregoriano que se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega,

No hay comentarios: