A alumna do centro Carlota Ventín que cursa 1º de Bacharelato na modalidade de humanidades, acaba de obter o primeiro premio do Concurso de Relatos do Parque Nacional das Illas Atlánticas, na modalidade de relato curto, categoria xuvenil. Co seu relato" O último verán de Paca ", unha fábula ambientada nas illas, acadou este merecidísimo primeiro posto. Dende a biblioteca queremos darlle a Carlota a noraboa, e amimar a tod@s a participar nestes concursos que ao longo de todo o ano estanse a convocar na nosa comunidade e fóra dela.
Para todos e todas os que queirades ler o relato de Carlota e o resto dos relatos e microrrelatos, dos gañadores e finalistas nas distintas modalidades e categorias, Carlota agasallo ao centro cun exemplar onde se recollen todos eles.
NORABOA CARLOTA
No hay comentarios:
Publicar un comentario