domingo, 23 de enero de 2022
CONCURSO DE CREATIVIDADE ARTÍSTICA
viernes, 10 de diciembre de 2021
DEREITOS HUMANOS
No mes de
decembro celebramos no centro a SEMANA DOS DEREITOS HUMANOS. Distintas
presentacións elaborados polo equipo de biblioteca foron proxectadas esa
semana na biblioteca co fin de afondar no estudo e conmemoración desta
data.
Fixemos ao mesmo tempo
unha exposición de dereitos humanos utilizando os espazos exteriores da
biblioteca
EXPOSICIÓN DE LECTURAS E PELÍCULAS NO HALL
jueves, 25 de noviembre de 2021
25 de NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
O 25 de novembro todo o centro celebramos o Día Contra a violencia de xénero e nesta ocasión a biblioteca, vicedirección e alumnado voluntario decorou os espazos do centro e percorreron as aulas para concienciar aosseuscompañeirosdesta data e a importancia que ten. Durante toda a semana fixemos actividades contra a violencia machista, selecciónsmusicais e curtas para previr actitudes machistas, guía literaria, selección de lecturas , marcapáxinas e reparto de dípticos informativos. Alumnas e alumnos voluntarios fixeron tiras con eslogáns para colocar e facer visibles os eslogans nas escaleiras . Todas estas actividades fixéronse en colaboración co Equipo de Igualdade do centro.
martes, 2 de noviembre de 2021
lunes, 1 de noviembre de 2021
SAMAÍN
SANHAIN O SAMAÍN é unha festividade de orixen celta moi importante do período pagano en Europa ata a chagada do cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do finl da temporada de cosechas. Era considerada como o «Aninovo Celta», que comenzaba coa estación escura. ë tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura a outro mundo. A súa etimoloxía é gaélica e significa 'fin do verán.
Ol calendario celta dividía o ano en dúas partes, a mitade escura comenzaba no mes de Samonios (lunación outubro-novembro), e a mitade clara, a partir del mes de Giamonios (lunación abril-maio). Considerábase que o ano comenzaba coa mitade escura; Samonios convertíase no aninovo celta.
Na mitoloxía celta, os sidhe, os pobos feéricos, tamén celebraban Samhain; ao parecer, eles foron os que facían a Festa dos Mortos.
Na víspera de novembro as fadas podían tomar homes mortais e abríanse todas as grutas das fadas para que cualquiera mortal que fora o suficientemente valente poidiera baixar , para admirar os seus palacios cheos de tesouros. A festividade celta describese como unha unión cos espíritus dos defuntos que, nesta data, tiñan autorización para camiñaar entre os vivos, dándoselle a xente a oportunidade de se reunir cos seus antepasados mortos. Para mantener aos espíritus contentos e alexar aos malos dos seus fogares, deixaban comida nas portas
Por Samhain era costume vaciar nabos ou cabazas, para lles por dentro teas. para alexar aos malos espíritus.
SAMÍN NA BIBLIOTECA
Feitas polas alumnas e alumnos voluntarios de biblioteca.
lunes, 18 de octubre de 2021
VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA
Os aqlumnos do Bacharelato internacional realizan actividades dentro da bibliteca ,colaborando na circulación de préstamos . Para ista reciben previamente unha formación de tres horas para aprender a utilización do programa de préstamos . Durante todo o curso axudan nas labores de biblioteca durante os recreos.
miércoles, 13 de octubre de 2021
PRÉSTAMOS BIBLIOTECA
PROTOCOLO BIBLIOTECA 2021-2022
1. O horario de préstamos na Biblioteca será de 11:30 a 12:00
2. PRÉSTAMOS en dúas modalidades:
A. PRÉSTAMO na BIBLIOTECA na hora do recreo.
B. PRÉSTAMO polo CORREO ELECTRÓNICO farase da seguinte maneira:
*A SOLICITUDE dos libros será realizada no seguinte enderezo
prestamosbibliotecaiesdocastro@gmail.com
No correo de petición fará constar:
Asunto: NOME do ALUMNO/A
CURSO ( Nivel e Letra)
NÚMERO de LECTOR
Corpo da mensaxe:
TÍTULO do libro e AUTOR
*A RECOLLIDA dos préstamos farase na biblioteca no día indicado no correo que o lector recibirá no seu enderezo electrónico de contacto
*A DEVOLUCIÓN dos libros farase deixando os libros a devolver nas caixas habilitadas nas portas de acceso ao centro A e C e na entrada da Biblioteca
3. A data de devolución será de 15 días desde a recollida do préstamo na biblioteca.
4. A Biblioteca recupera o seu funcionamento normal mantendo o aforamento e normas que dite a normativa Covid vixente.
martes, 5 de octubre de 2021
CLUB DE LECTURA
Xa está aberta a inscripción do CLUB DE LECTURA,
Neste curso podedes apuntarvos nos diferentes clubs: narrativa , poesía, inglés ou manga.
LIBROS DE BALDE
A nosa primeira actividade de biblioteca xa está na entrada do instituto. Nestes días estará a disposición de toda a comunidade educativa unha selección de libros procedentes de doazóns que podedes levar para as vosas casas de xeito gratuito.Disfrutade coa lectura!!!!!!!!!
e recordade xa podedes utilizar a biblioteca na hora do recreo e na tarde do martes para seleccionar e recoller os vosos préstamos. Se preferides reservar os libros segue activo o correo de petición de préstamos
prestamosbibliotecaiesdocastro@gmail.com
lunes, 21 de junio de 2021
PRÉSTAMOS DE VERÁN
Como todos os anos dende a biblioteca queremos facilitar a todos os membros da comunidade educstiva as súas lecturas veraniegas .
Abrimos o `prazo para solicitar os libros, DVDs e revistas que desexedes levar en préstamo . Lede ben as instruccións.
![]() |
| lNO VERÁN TAMÉN LEMOS |











































