O luns, 8 de xuño, recibimos con ilusión ao alumnado de 6º de primaria do CEP Dr Fleming. Cheos de curiosidade, visitaron o instituto.
Unha das paradas foi na nosa Biblioteca. Cada un dos 96 que nos visitaron confeccionou unha folla desta recreación do ombú co título do libro que lle gustaría que estivese na nosa biblioteca. Unha verdadeira árbore de lecturas!

No hay comentarios:
Publicar un comentario