martes, 31 de enero de 2017
DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA
NECESITAMOS UNHA NOVA HUMANIDADE, NECESITAMOS VOAR.
A grulla un símbolo de PAZ
Sabias que unha lenda xaponesa, Senbazuru, dí que calquera que faga mil grullas de papel pode pedir un desexo?
As mil grullas de origami convertironsenun símbolo de PAZ a causa da historia de Sadako Sasaki unha nena xaponesa enferma de leucemia , debido as radiacións da bomba atómica de Hiroshima, aconsellada pola súa amiga comenzou a facer grulla de papel, quería curarse da súa enfermidade pero tamén quería a Paz no mundo e vivir en Paz. Sadako non pudo curarse da súa enfermidade ninrematar as mil grullas . Os seus amigos chegaron a rematar as súas mil grullas , e desta forma convertíronse en símbolo de PAZ.
Os profes de matemáticas no centro fixeron cos seus alumnos moitas grullas de papel , simbolo de paz , e decoraron o centro.
O alumnado do IBO está tamén a colaborar na recollida de sinaturas entre os alumnos e vanse a elaborar postais , para apoiar unha iniciativa de Amnistia Internacional pola defensa de tres persoas , Mahmoud Abu Deid, reportero egipcio, Su Changlan de China detenida por apoiar protestas prodemocráticas y Hassan Mshaima de Barhein, condenado a cadea perpetua por apoiar manifestacxións pacíficas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario