miércoles, 21 de octubre de 2026

Día das Escritoras

Como en edicións anteriores, a data elexida para celebrar o Día das Escritoras é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús,  16 de outubro. A XI Edición celébrase este ano 2026 o 19 de outubro baixo o lema "As amigas como forma de liberdade".

Este ano o obxectivo é celebrar o centenario do Lyceum Club Feminino, institución que serviu de soporte para a participación das mulleres na vida intelectual, artística e pública desde o ano 1926. Mulleres da talla de María de Maeztu, Clara Campoamor, Victoria Kent, Zenobia Camprubí ou María Lejárraga foron algunhas das súas fundadoras e colaboradoras.

A undécima edición poñerá o foco nas redes de apoio, complicidade e creación compartida que fixeron posible o desenvolvemento de moitas escritoras e intelectuais e que continúan sendo fundamentais para o avance da igualdade.

O grupo de voluntarias da ESO da nosa biblioteca fixo estas creacións en collage e bordado a partir de fotos dalgunhas das homenaxeadas. 

O traballo loce espectacular.