martes, 17 de mayo de 2022

17 DE MAIO - LETRAS GALEGAS

 Na  semana das Letras galegas fixemos unha  exposición de libros en entregamos os premios  do Concurso de Relato Curto Xosé Sande e  expuxórense carteis feitos polos  alumnos e alumnas dos distintos niveis educativos.Todas estas  actividades  foron levadas en coordinación polo EDNLG e  a biblioteca.


Entregáronse os premios do Concurso de Carteis e os premios do concurso de relato curto convocado pola biblioteca  eo EDNLG.

RELATOS  GAÑADORES



O Carballo é a árbore máis resiliente, a que máis viviu, todo o mundo sabe iso.
Un corpo de muller xacía á sombra dunha árbore. Ela quedaría alí para sempre, deitada, silandeira, coma un vago recordo daquela fatídica tarde de verán. Aquela tarde na que unha simple negación non bastara, na que os desesperados berros dunha rapaza non serviran de advertencia e na que, coma sempre tiña que ser, cumprírase a vontade do home, dun ou doutro xeito. Pois aquelas noxentas insinuacións desembocaran nunha traxedia polo feito de non saber respectar unha decisión. Porque aquela rapaza non quería nada máis que pasar unha tarde agradable, nada máis. Pero o home pode ser o animal máis desapiadado, pode facer moitísimo mal con tal de conseguir o seu obxectivo. E agora alí estaba ela, calada, aferrándose ao seu espírito, intentando non deixalo marchar, intentando non soltar aquela vida que tanto lle custara labrar. Pero o destino xa lle tiña outorgado un papel. Xa escribira a súa historia. Aquela tarde de verán ela cedería, perdería a batalla. Deixaría o seu corpo, alí, na herba, xunto con recordos cheos de ledicia e momentos de desesperación. E o seu espírito, xa libre, enredaríase entre as pólas daquela árbore que observara a desgraza, acomodaríase no tronco e observaría, dende o seu recuncho, o mundo dende outra perspectiva. A alma daquela rapaza transmitiríalle á árbore a súa forza, valentía e heroísmo, outorgándolle unha personalidade e un nome propio, o cal, a día de hoxe, é coñecido por todos.
Xa hai tempo deste suceso e o espírito da árbore segue a presenciar outros moitos semellantes. Póñolle voz a esta historia en busca de parar o que xa non debería ocorrer, o que nunca debeu comezar.
Un corpo de muller xacía, sen vida, á sombra dun Carballo










  

ENQUISA HORA DE LER ALUMNAS E ALIUMNOS 1º- 2º- ESO

 

lunes, 2 de mayo de 2022

PLAN PROXECTA . DOAZÓN

 A biblioteca participa no Plan Proxecta  na actividade doazón  de órganos. Actividade que pretende concienzar aos rapaces, as  familias   e a toda  a comunidade educativa  na necesidade de ser solidarios neste aspecto . A preparación  nas  clases de titoria  DE 3º   da ESO  e a posterior  charla do Centro de Doazóns  de  Vigo , fai que todos poñamos o noso gran de  area.



martes, 5 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

                                         CELÉBRASE...O 23  DE  ABRIL

● O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de

la Vega.

● 23 de abril naceron – ou morreron – escritores eminentes como Maurice

Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla o Manuel Mejía Vallejo.

● Data simbólica para a literatura universal escollida pola Conferencia

Xeneral das UNESCO para render unha homenaxe mondial ao libro e os

seus autores.


                                             SOPORTES DE ESCRITURA

                                                              

                                                               O LIBRO

                                                       POEMAS ORAIS

• A palabra falada é o modo máis antigo de contar historias.

•Narracións, que pasaban de xeración en xeración como valiosa herdanza cultural dos máis diversos grupos humanos     POEMAS ÉPICOS


                                                            A ESCRITURA

Diferentes soportes de escritura inventados polas antigas civilizacións:

                                                    TÁBOA DE ARXILA



                        ÓSTRACON  

                                                                           

                                                                               TABIILLA  DE  CERA


                                                                            A ESCRITURA

Proceso lento de evolución.

Imaxes (pictografía)

Símbolos (ideografía)

Sílabas, letras.


IDEOGRAMA
                                        

PICTOGRAMA




                          ALFABETO
SILABARIO




A ESCRITURA CHINESA

1400 a.C 5000 inscricións sobre cuncha de tartaruga

Primeiros libros século VI a.C, tiras de bambú atadas cun cordel.

Séculos V-III a.C a seda utilízase como soporte de escritura.

Século II d.C invención dun sistema de fabricación de papel

Século VIII d.C impresión xilográfica.

SOPORTES

                                             


                                                        Escritura chinesa sobre cuncha tartaruga



Escritura chinesa en follas de bambú







A escritura chinesa sobre seda


A ESCRITURA –EXIPCIA-SOPORTES

O papiro de orixen vexetal foi exportado por todo o Mediterráneo e utilizado por gregos e romanos.

 O pergameo dende o século I d.C de orixe animal sustituiu ao papiro

PAPIRO


PERGAMINO


GRECIA

Alfabeto grego século VIII a.C expándese e facilita dende o século VI a.C a aparición dos libros.

Había escribas, a súa profesión consistía en copiar, bibliographi

Outros que pintaban as letras ,kalligraphoi

 Había os libreiros que vendían os libros, bibliopolæ

 Librarias : vendíanse e presentábanse libros

Os libros non eran encadernados senón rolados, os volumes



ROMA

Durante toda a época imperial a difusión do libro en Roma foi en aumento.

 Había os copistas de libros, librarii

( escravos ou libertos)

 Había os encargados de vendelos, bibliopolæ

 Había escravos instruidos na arte de encolalos ou pegalos, glutinatores.

As librarias estaban no foro

O rolo foi sustituido polo códice nos primeiros anos do cristianismo.

VOLUMEN ROMANO


ROLO CÓDICE

Lámina de papiro ou pergameo rolada sobre se mesma.

Láminas plegadas cosidas e encadernadas

ROLO CÓDICE


IDADE MEDIA

Monxes copistas



Cada copia levaba meses, dúas ou tres follas ao día.

Unha vez rematado o texto, ilustrábase coas miniaturas, desta labor encargánbanse os Iluminadores.

Miniaturas:Pinturas ou debuxos

de escenas relacionadas cos textos.

Minio: a sustancia mineral coa que se

facían as cores.

A IMPRENTA

A aparición da imprenta no século XV revolucionou o proceso de elaboración e distribución dos libros.

 Coexistencia :

Imprenta - movemento humanista - reforma luterana-auxe das universidades

expansión do libro.

IPRENTA


LIBRO ANTIGO

Incunables século XV

Son chamados incunables (do latín incunabulae, na cuna) os libros impresos con tipos móbiles dende a aparición da imprenta (1444) ata o ano 1500 inclusive


LIBRO ELECTRÓNICO

 Libro electrónico obxecto dixital con contenido textual

 Os libros electrónicos teñen características como a busca de termos, as referencias cruzadas, ligazóns a hipertextos, anotacións, subraiado, obxectos multimedia e ferramentas interactivas


HISTORIA DO LIBRO ELECTRÓNICO

1971: Michael Hart é considerado por moitos o auténtico inventor do libro electrónico. Michael Hart lidera o proxecto Gutenberg que busca dixitalizar libros e ofrecelos de balde.

1993: Digital Book lanza á venda os primeiros 50 libros dixitais en disquete en Colombia en Formato Digital Book (DBF).

1993: aparece Bibliobytes, un proxecto de libros dixitais de balde en Internet.

1995: Amazon comeza a vender libros a través da Internet

2007: Amazon lanza Amazon Kindle


                                                       

                                                           O LIBRO NO CINE

O NOME DA ROSA. Jean-Jacques Annaud. 1986. Francia.

A LADROA DE LIBROS. Brian Percival. 2013. EEUU

A HISTORIA INTERMINABLE.Wolgang Pettersen. 1984. Alemania.

CORAZÓN DE TINTA. Iain Soffley.2004 Reino Unido.

FAHRENHEIT 451.Fracois Trufaut. 1966. Francia.

O CLUB DOS POETAS MORTOS. Peter Weir. 1989. EEUu

A LIBRARÍA. Isabel Coixet. 2017.España.etv

O LIBRO DE  ELI. 2010. Albert  & Allen Hughes


RECOMENDACIÓN  LECTORA





















miércoles, 23 de marzo de 2022

DÍA DA POESÍA



Libros de poesía para disfrutar 

A túa disposición na   biblioteca

Se queres  algún destes exemplares colleo e levao a  biblioteca para que cho empresten.
















 

martes, 8 de marzo de 2022

8M

                        Hoxe día  8 de  marzo estamos a  celebrar o Día  da  Muller.

 O Día Internacional da Muller Traballadora , conmemora a loita da     muller pola súa participación dentro da sociedade, para acadar a emancipacipación da muller e o  seu desenrolo integro como persoa, conmemórase este día 8 de marzo.
 Aportamos a  noso selección  de lecturas :













PERO ESTE 8  DE MARZO AS  MULLERES NAS QUE  POÑER  A  ATENCIÓN  SON ELAS:
Mulleres que  deixan a seu fogar, o seu pais, nais, avoas, irmás  para poñer  a salvo aos máiS pequenos,  dunha  incomprensible  invasión, para alexar aos  máis desprotexidos da  barbarie da guerra.














lunes, 21 de febrero de 2022

23 DE FEBREIRO -DÍA DE ROSALÍA

 


DÍA DE ROSALÍA (23 DE FEBREIRO DE 2022) 


Un 23 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Lembrando os versos que Curros lle dedicou, unha muller “que tiña na fronte unha estrela e no bico un cantar”. 

Por iso, este 23 de febreiro de 2022, a biblioteca do instituto e o EDLG queremos honrar a súa memoria celebrando o seu nacemento. E que mellor maneira de facelo que contribuíndo, como fixo ela, a dignificar o galego e demostrar que é unha lingua tan apta  para a literatura coma calquera outra. E como imos facelo? Pois regalando literatura en galego!

Pero Rosalía son moitas persoas máis. En palabras de María Xesús Lama, autora dunha magnífica biografía da poeta, Rosalía é  “unha rapaza atrevida disposta a construír unha vida independente”, “unha cidadá adulta que reflexiona sobre a sociedade do seu tempo e que aposta por un proxecto de cambio social”, “unha escritora que escribe a pé de rúa”, identificándose co pobo e sufrindo con el, denunciando as inxustizas e os abusos dos poderosos desde unha postura revolucionaria para a época, 

Pero tamén é unha escritora consciente do seu talento que reivindica o seu espazo na literatura, os seus dereitos, en contra do machismo dominante. E “que escribe do que non está permitido, o que ninguén espera” nunha muller, como moi ben expresa neste poema de Follas novas:

Daquelas que cantan as pombas i as frores

todos din que teñen alma de muller,

pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,

¿Ai! ¿De que a terei?

En resumo, unha muller libre. Nas súas palabras: Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino.





ACTIVIDADES





domingo, 30 de enero de 2022

DÍA DA PAZ

 Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz 

Nos días previos alumnado de 1º fixo traballos sobre diferentes activistas pola paz  co  fin de recadar información e aprender a tratala, tamén elaboraron mensaxes de paz  que logo se utilizaron para a decoración da entrada do centro  Os alumnado doutros cursos traballou en distintos  xestos  pola  paz.




                                                  Traballando coas voluntarios  no Día  da Paz



                                              Selección  de lecturas


Mensaxes e Xesto de paz








domingo, 23 de enero de 2022

CONCURSO DE CREATIVIDADE ARTÍSTICA

DENDE O EDLG  E  A BIBLIOTECA  CONVÓCASE O PREMIO XOÁN XOSÉ SANDE DE CREACIÓN ARTÍSTICA


POEMAS  E  MICRORRELATOS


TEMÁTICA  DOS POEMAS:


  LIBRE


MICRORRELATOS TEMÁTICA:


A-  A  CREENZA  GALEGA  DOS  CORPOS  ABERTOS


B- SUCESO QUE ACONTEZA NUNHA  BIBLIOTECA


C- A NATUREZA


LEDE  BEN AS NORMAS E MODALIDADES  DE CONCURSO












 ANTE  CALQUEIRA  DÚBIDA  CONSULTADE:
  A  COORDINADORA  DO  EDLG CRISTINA  NOGUEIRA 
 OU  BEN 
 A  COORDINADORA  DE BIBLIOTECA    CARMEN VILARIÑO