lunes, 21 de febrero de 2022

23 DE FEBREIRO -DÍA DE ROSALÍA

 


DÍA DE ROSALÍA (23 DE FEBREIRO DE 2022) 


Un 23 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Lembrando os versos que Curros lle dedicou, unha muller “que tiña na fronte unha estrela e no bico un cantar”. 

Por iso, este 23 de febreiro de 2022, a biblioteca do instituto e o EDLG queremos honrar a súa memoria celebrando o seu nacemento. E que mellor maneira de facelo que contribuíndo, como fixo ela, a dignificar o galego e demostrar que é unha lingua tan apta  para a literatura coma calquera outra. E como imos facelo? Pois regalando literatura en galego!

Pero Rosalía son moitas persoas máis. En palabras de María Xesús Lama, autora dunha magnífica biografía da poeta, Rosalía é  “unha rapaza atrevida disposta a construír unha vida independente”, “unha cidadá adulta que reflexiona sobre a sociedade do seu tempo e que aposta por un proxecto de cambio social”, “unha escritora que escribe a pé de rúa”, identificándose co pobo e sufrindo con el, denunciando as inxustizas e os abusos dos poderosos desde unha postura revolucionaria para a época, 

Pero tamén é unha escritora consciente do seu talento que reivindica o seu espazo na literatura, os seus dereitos, en contra do machismo dominante. E “que escribe do que non está permitido, o que ninguén espera” nunha muller, como moi ben expresa neste poema de Follas novas:

Daquelas que cantan as pombas i as frores

todos din que teñen alma de muller,

pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,

¿Ai! ¿De que a terei?

En resumo, unha muller libre. Nas súas palabras: Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino.





ACTIVIDADES





No hay comentarios: