Madrigal á cibdá de Santiago
Chove en Santiago,
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
FEDERICO GARCÍA LORCA: Seis poemas galegos
SEIS POEMAS GALEGOS FEDERICO GARCIA LORCA
Seis poemas galegos é un poemario de poemas en galego, unha homenaxe a paisaxe e a lingua de Galicia. Escritos entre 1932 y 1934, foron publicados en 1935 en Santiago de Compostela (pola Editorial Nós (fundada en 1927 por Ángel Casal), prologada por Eduardo Blanco Amor. Admirador de Rosalía de Castro, de Eduardo Pondal y Manuel Curros Enríquez, así como dos poetas medievais galegos Martín Codax y Meendiño, y dos portugueses Luís de Camõe o Gil Vicente, os poemas surden a raíz das viaxes realizadas por Lorca a Galicia dende 1931
En 1932 con Ernesto Pérez Guerra, xurde a idea de componer, entre os dos, un poema sobre o tema na lingua galega. En maio o xuño de 1932 naceu o «Madrigal á cibdá de Santiago», onde Lorca expresa a súa impresión de Compostela baixo choiva
No hay comentarios:
Publicar un comentario