martes, 26 de noviembre de 2019

BIBLIOTECA XOÁN XOSÉ SANDE

O pasado xoves 21 de novembro a biblioteca cambiou o seu nome polo  nome do noso querido compañeiro e pasou a chamarse  BIBLIOTECA XOÁN XOSÉ SANDE.

En un sinxelo acto onde estiveron presentes a familia do noso recordado profesor, o   Inspector Xefe  Manuel Torres , o Inspector  Carlos Antuña , compañeira e compañeiros do centro e máis alumnas e alumnos, todas e todos compartimos un  agarimoso recordo que serviu tamén de sentida homenaxe.

                                             Moitas grazas compañeiro SANDE













No hay comentarios: