As obras escollidas foron a novela gráfica Maus, de Art Spiegelman, e Memoria do Silencio, de Eva Mejuto. Dúas propostas diferentes pero complementarias: por unha banda, Maus achéganos unha visión impactante e simbólica do Holocausto a través da banda deseñada; pola outra, a obra de Mejuto pon o foco na memoria histórica dende unha perspectiva máis próxima e emocional.
A recepción por parte do alumnado foi moi positiva, xerando reflexións e debates moi interesantes. Destacamos a importancia destas lecturas hoxe en día, non só para comprender o pasado, senón tamén para interpretar o presente e formar unha conciencia crítica nas novas xeracións.
Para rematar, organizamos unha busca do tesouro pola biblioteca, convidando á nosa familia lectora a descubrir títulos de distintos xéneros —banda deseñada, historia, narrativa e mesmo cine— relacionados coa Segunda Guerra Mundial, convertendo a sesión nun pequeno xogo compartido entre libros, pistas e moitas ganas de seguir lendo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario