O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía.
No IES do Castro estendemos a celebración a practicamente o curso enteiro, coa nosa actividade "Os luns, poesía" na que cada luns publicamos no instituto en papel, e tamén nas redes sociais, un poema escollido por calquera membro da comunidade educativa.
Pero ademais, dende hai varios cursos, gústanos contar coa presenza dalgún poeta.
En 2024 contamos con Masha e o seu "Dakota", que recitou para alumnado de varios cursos.
En 2025, María Lado recitou para o alumnado de 1º de ESO varios dos seus poemas.
En 2026, gozamos coa presenza de Samuel Merino.
Samuel recitou para nós poemas do seu último poemario, "Manual de camuflaxe", que foi merecedor do XIII premio de poesía Manuel Lueiro Rey, do Concello de Fornelos de Montes, e tamén poemas de "Claustro, corda, comensal", poemario anterior.
Samuel vén de ser galardoado, ademais, co VII premio Nacional de Poesía Viva.
Foi un verdadeiro pracer escoitalo. Recitou, xogou cos poemas, envolveunos neles, contounos tanto... Un agasallo de sesión, na que o alumnado quedou prendido dende a primeira verba.
Non podemos máis que estar agradecidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario