jueves, 23 de abril de 2026

Día do Libro

Durante unha semana, o alumnado de 1º e 2º de ESO baixou á Biblioteca, por quendas, para manter unha cita a cegas cun libro. 

O equipo de biblioteca, coa axuda de alumnado de distingos cursos, preparou esta actividade. Non foi pouca cousa: tivéronse que envolver 240 libros e buscar as verbas máis inspiradoras posibles para escribir por fóra de cada paquete, de xeito tal que lograsen convencer polo menos a un dos alumnos/as para levalos, en préstamo, á casa.

Pedímoslles, tamén, unha recomendación a cada un/unha deles. Unha actividade que gozaron e que repetiremos.

 


 


 

No hay comentarios: