A obra de Eva Mejuto, "Memoria do silencio", que limos no Club de Lectura na segunda avaliación, permitiunos coñecer a historia das irmáns Touza: Lola, Amparo e Xulia axudaron a centos de persoas a escapar da persecución nazi. Dábanlles acubillo, comida, e guiábanos a través da fronteira con Portugal. Teceron unha rede de axuda na vila, e gardaron o segredo da axuda que prestaron ata o falecemento de Lola, a maior das irmáns.
O martes 12 de maio tivemos a oportunidade de facer un roteiro literario por Ribadavia, grazas a Alexandra Touza, a través da súa empresa "Ponle cara al turismo". Amparo e Xulia, encarnadas por unhas estupendísimas actrices, guiáronos pola vila e reveláronnos moitos detalles da súa fazaña.
Unha visita moi interesante, que gozamos a pesar da choiva.

No hay comentarios:
Publicar un comentario