Que a Begoña Caamaño se lle dedique o Día das Letras Galegas, parécenos unha decisión marabillosa que festexamos.
No IES do Castro, Morgana en Esmelle constitúe unha das lecturas que, ano tras ano, escolle gran parte do alumnado de 1º de Bacharelato.
Circe e o pracer do azul é unha das lecturas de verán que o profesorado elixe continuamente. Gústanos esta revisión do mito de Penélope e concordamos con Xoana Torres: eu tamén navegar.
Aínda en proceso, porque o traballo leva tempo, ofrecemos aquí unha mostra da pequena exposición elaborada por alumnado na materia de galego, e as voluntarias de biblioteca da ESO, que sempre están dispostas a botar unha man.


No hay comentarios:
Publicar un comentario